CAST | GAL

Sexta edición (2002-2003)

 
O sexto ano de vida do programa púxose en marcha en setembro do 2002 con 151 proxectos escollidos entre os 172 presentados. Foron 23.500 os alumnos participantes, con idades diversas.O feito máis relevante desta edición derivouse do sucedido en Galicia o 13 de novembro do 2002 a raíz do accidente do Prestige. Aquel día, comezaron os acontecementos que derivarían na peor marea negra sufrida nas costas galegas e, por iso, nunha catástrofe ambiental sen precedentes. Os centros participantes en Voz Natura non foron alleos a esta agresión aos ecosistemas e —cada un na medida das súas posibilidades— reaccionaron á traxedia con acción. Algúns reorientaron os seus proxectos para incluír limpezas en zonas de costa; outros levantaron a súa voz no nome da natureza, e, todos, se concienciaron nas aulas da importancia de preservar os ecosistemas e evitar danos como os que acababan de ver en primeira persoa.
Con esta sexta edición naceu Voz Natura en Radio Voz. No mes de setembro do 2002, a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre puxo en marcha un programa semanal no que o medio ambiente se converte en protagonista. Desde entón, todos os domingos, a defensa da natureza conta co seu propio espazo en Radio Voz.
Os colaboradores da sexta edición foron a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Caixa Galicia, Ence e El Corte Inglés.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 2002 - 2003
PREMIADOS
CENTROS E PROXECTOS
BASES
CARTEL DA EDICIÓN
LOGO