CAST | GAL

Cuarta edición (2000-2001)

 
O curso 2000-2001 convértese no cuarto ano de vida do programa con 120 colexios e institutos admitidos para participar, de entre os 144 proxectos presentados. Superáronse os 19.000 alumnos implicados na iniciativa.Nesta edición apréciase un cambio cualitativo que se consolidará nos próximos anos de Voz Natura: os centros educativos comezaron a realizar máis proxectos de acción directa sobre o medio. Así, incrementáronse notablemente os traballos de limpeza e recuperación de zonas degradadas e tamén as reforestacións e plantacións a cargo dos pequenos ecoloxistas, fronte ás accións estritamente dentro do recinto escolar.
Ao longo do 2001 materializouse a expansión internacional do programa. Froito do interese da Comisión Europea por Voz Natura, La Voz de Galicia embarcouse nun proxecto editorial internacional xunto cos xornais Público, de Portugal, e Le Télégramme, de Francia, mediante o que se publicou unha serie de catro monográficos dedicados a temas ambientais e estruturados ao redor dos catro elementos: auga, aire, lume e terra.
A cuarta edición de Voz Natura contou co apoio da consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Augas de Cabreiroá e Acquarium Galicia.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 2000 - 2001
PREMIADOS
CENTROS E PROXECTOS
MONOGRÁFICO TERRA
MONOGRÁFICO AIRE
MONOGRÁFICO LUME
MONOGRÁFICO AUGA
BASES