No curso 2020-2021 participaron 365 centros educativos e asociacións das catro provincias galegas que levaron a cabo todo tipo de proxectos de acción directa sobre o medioambiente: protección e coidado dos ríos, montes e praias, promoción dos valores paisaxísticos, consumo responsable e desenvolvemento sostible, fomento da reciclaxe, redución, reutilización e tratamento de residuos, protección da biodiversidade, así como actividades de concienciación e sensibilización.
Ademais, esta 24ª edición dedicouse a fomentar actividades de protección e recuperación da contorna natural do Camiño de Santiago.
Os proxectos ambientais tamén incluíron actividades de mellora dos ecosistemas ou do patrimonio etnográfico, de concienciación da comunidade educativa, os veciños e os peregrinos sobre a necesidade de preservar o Camiño ou outros roteiros de sendeirismo. Así mesmo, realízaronse traballos relacionados co turismo desde unha perspectiva ecolóxica, a investigación e o coñecemento dos tesouros de Galicia.