O noso programa de educación chegou ós 25 anos no curso 2021-2022. Cos 365 centros e asociacións participantes este ano, conmemoramos este aniversario tan especial e rendemos unha homenaxe a todos os profesores e alumnos que converteron a esta inciativa nun referencia na defensa do medio ambiente desde as aulas. Os traballos desta edición abarcaron todo tipo de temas. Seguimos reforestando e plantando, limpando praias e ríos, coidando todos os ecosistemas, reciclando e, sempre, concienciando. A protección e defensa dos espazos naturais do Camiño de Santiago -tema descatado da pasada edición- estivo moi presente con proxectos de continuidade.
Ademais, durante todo o curso, Voz Natura organizou diversas actividades especiais cos centros participantes para conmemorar o 25 aniversario.
Ademais, durante todo o curso, Voz Natura organizou diversas actividades especiais cos centros participantes para conmemorar o 25 aniversario.