Preservar a biodiversidade dos ecosistemas galegos é o obxectivo dos 260 proxectos de actuación ambiental que se desenvolven este curso 2009-2010 ao amparo da 13ª edición de Voz Natura. Os seus autores son os colexios, institutos e asociacións que o Comité Científico seleccionou para formar parte da comunidade Voz Natura nesta décimo terceira edición.
Durante este curso, os esforzos dos participantes no programa da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre sumaranse a outros realizados ao longo de todo o planeta para preservar a biodiversidade. Así, os seus traballos apoiarán a Conta Atrás 2010, unha campaña auspiciada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), un programa ao que Voz Natura xa se sumou.
Protección de flora e fauna autóctona, coidado e recuperación dos distintos ecosistemas e promoción de accións para loitar contra o cambio climático polo impacto que este fenómeno ten sobre as distintas especies son algunhas das actuacións que os participantes en Voz Natura están xa comezando a executar.
Nesta edición, volven ter gran protagonismo todas as actuacións encamiñadas a loitar contra o lume. Os escolares, os seus profesores e a ampla nómina de colaboradores coa que sempre contan os traballos afánanse en reforestar, plantar, limpar espazos degradados... Tamén coidan as praias e os ríos e, por suposto, non descoidan as tarefas dentro do aula: separación de residuos, reciclaxe, investigacións e todo tipo de actividades para formar e concienciar sobre a necesidade de preservar a natureza.