CAST
|
GAL

Décima edición (2006-2007)

 


Todos os anos, Voz Natura celebra o fin de curso cunha gran festa ambiental que se celebra a principios de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo - A Coruña). Miles de persoas asisten en cada edición e participan no amplo programa lúdico e deportivo que se desprega para festexar todo un curso de traballo ambiental. A festa é tamén o marco para expor os traballos realizados polos centros participantes e para entregar os premios aos gañadores de cada edición de Voz Natura.

A última festa celebrada —o pasado 2 de xuño— tivo un carácter especial: ademais de celebrar o fin de curso, Voz Natura conmemorou o décimo aniversario do programa, arroupado por máis de 30.000 persoas.

A xornada foi todo un éxito. As actividades lúdicas e deportivas estiveron moi concorridas e as exposicións —realizouse tamén unha especial cos dez anos de historia do programa— espertaron gran expectación. Pola tarde, os centros gañadores da décima edición de Voz Natura recibiron os seus premios nun emotivo acto. E para despedir a celebración, o Xabarín Club da Televisión de Galicia fixo vibrar e bailar a miles de nenos, novos e... adultos!!!

Durante toda a xornada, o parque converteuse nun fervedoiro de persoas con ganas de pasarlo ben.
 

DESCARGAS

CARTEL DA FESTA
CENTROS GAÑADORES
PLANO DO PARQUEE RECOMENDACIÓNS
ACTIVIDADES DA FESTA