CAST
|
GAL

COMPROMISO E ACCIÓN

 
Voz Natura arrancou no curso 1997-1998 con 109 centros e 10.000 participantes, como unha aposta de La Voz de Galicia —a través da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre— polo coidado do medio ambiente. Desde entón, o programa non parou de crecer e mantén unha progresión ascendente en tódalas súas edicións.
Ao longo da súa traxectoria, os proxectos de coidado e recuperación ambiental incrementaron o seu nivel de especialización e a súa capacidade de acción directa sobre o medio. Os estudantes e os seus profesores desenvolven os traballos desde os seus centros educativos, promovendo unha rede de conciencia e acción ecolóxica que envolve ás súas familias, aos seus veciños e, tamén, ás autoridades e empresas da súa localidade. Desde as actuacións individuais e locais, converten Voz Natura nunha poderosa ferramenta ao servizo da natureza.

 

EDICIÓNS ANTERIORES