CAST
|
GAL
 

Aberto o prazo de inscrición para o curso 2025-2026!

Participa na 29ª edición do noso programa ambiental!

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo, abrimos o prazo de inscrición para todos os centros educativos e asociacións que desexen sumarse a Voz Natura con proxectos de acción e concienciación ambiental.

Nesta edición, centrámonos na crise climática. Buscamos iniciativas que contribúan a mitigar os seus efectos e promovan accións para combatela.

Se tes unha idea ou proxecto que:
Actúe directamente sobre a natureza para atenuar as consecuencias da crise climática (deforestación, perda de biodiversidade etc.)/ etc.).
Conciencie e sensibilice sobre a importancia de protexer o noso planeta.
Investigue solucións científicas para os desafíos ambientais.

Voz Natura espérache!

Necesitas axuda para deseñar o teu proxecto?
Contacta connosco en voznatura@lavoz.es. Estaremos encantados de asesorarche.

Envía a túa solicitude a través do formulario de inscrición. Nel, atoparás as bases de participación, os datos e a documentación necesaria para que podamos avaliar o teu proxecto.

Únete a Voz Natura e construamos xuntos un futuro máis sostible!