CAST | GAL
 

QUERES PARTICIPAR EN VOZ NATURA?

O prazo de inscrición para participar na actual edición do programa está pechado pero, desde Voz Natura, convidámosche a que mergulles na web, coñezas con detalle o noso programa e vaias preparando ou deseñando o teu próximo proxecto ambiental. 

O formulario de inscrición para participar na que será xa a 28ª edición do programa abrirase en febreiro do 2025 e os traballos realizaranse durante o curso 2025-2026.

No formulario dispoñible nesta páxina podes ver os datos que necesitaremos para avaliar o voso proxecto. Se necesitades axuda, non dubidedes en pórvos en contacto connosco  enviando un correo electrónico a: voznatura@lavoz.es

Esperamos as vosas propostas a partir do próximo mes de febreiro!