CON TODO RIGOR
Con estas evaluaciones en primera persona —y tras estudiar las memorias finales en las que los participantes explican su actuación—, el Comité es el encargado de seleccionar a los centros ganadores de la edición vigente.
Licenciado en Ciencias (USC) e Master of Arts en Didáctica das Ciencias (New York University). Dirixiu os Museos Científicos Coruñeses (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña.
Participou no deseño de varios centros científicos en España e en iniciativas para a renovación do ensino e a divulgación científica. Colaborador de publicacións e membro da Asociación Española de Xornalismo Científico, da New York Academy of Sciences e da Royal Institution. En 1992 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo Científico do CSIC.
Micólogo e experto en educación ambiental. Socio fundador da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da Coruña, onde colabora como divulgador científico e asesor dun servizo de identificación micolóxica. Socio fundador y presidente do Grupo Micolóxico Galego. Desde o ano 1989 participa nas campañas de herborización do proxecto Flora Micolóxica Ibérica, do CSIC-Xardín Botánico de Madrid. Desde o ano 1997 ao 2014, traballou na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da Corporación Voz de Galicia, en calidade de asesor ambiental do Programa Voz Natura.
Biólogo e divulgador científico. Autor do libro Árboles de Galicia, ademais de diferentes guías botánicas de divulgación. É socio fundador do Grupo Micolóxico Galego e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias da Coruña, onde colaborou como divulgador científico e asesor do servizo de identificación botánica. Participa, desde 1989, nas campañas de herborización do proxecto Flora Micolóxica Ibérica, do CSIC-Xardín Botánico de Madrid. Deseñou e construíu o xardín botánico do Aquarium Finisterrae, do que é conservador.
Licenciado en Física pola USC. En 1997 ocupa o cargo de director técnico da Casa das Ciencias da Coruña e, desde o 2017 dirixe a rede de Museos Científicos Coruñeses. É membro da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (Agccct), da Agrupación Astronómica Coruñesa e de Cel Fosc, Asociación contra a Contaminación Lumínica. Como divulgador científico, mantén colaboracións habituais en diversos medios de comunicación. En 2023 é nomeado presidente da Asociación Española de Comunicación Científica.
Doutora en Ciencias Biolóxicas (USC) e investigadora en proxectos de micoloxía. Profesora na Facultade de Bioloxía (Universidade de Vigo) desde 1990 ata o 2023. Dirixiu varias teses de licenciatura e doutorais e é autora de máis de cen publicacións científicas nacionais e internacionais e de estudos sobre cogomelos, árbores e algas de Galicia, entre outros. Socia fundadora de Sociedade Galega de Historia Natural, do Grupo Micolóxico Galego (presidenta 1997-2006, actualmente presidenta de honra) e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Doutora en Bioloxía pola USC e Profesora Titular da UDC desde 1999. Desenvolve a súa investigación no estudo da diversidade vexetal e o seu papel no funcionamento dos ecosistemas. Dirixiu tres teses doutorais e publica, asiduamente, en revistas nacionais e internacionais. É membro, entre outras, da Real Sociedade Española de Historia Natural e da Sociedade Española de Briología. Colabora co Real Xardín Botánico de Madrid-CSIC no proxecto Flora Iberica e é autora do libro Guía das Orquídeas de Galicia, entre outros.
É o voceiro do Comité Científico de Voz Natura. Diplomado en magisterio de educación primaria pola Universidade da Coruña e membro do Grupo Micolóxico Galego. Máster en xestión de proxectos medioambientales do CUE. Na actualidade traballa na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, da Corporación Voz de Galicia, en calidade de asesor medioambiental do Programa Voz Natura.