Escoitaches o canto do cuco?
Voz Natura e La Voz de la Escuela unen esforzos para invitar a todos os escolares de Galicia a participar nun gran traballo de campo sobre a presenza do cuco nos ecosistemas galegos. O obxectivo deste estudo é recoller o maior número de observacións posibles para elaborar un mapa que permita comprobar cal é a presenza en Galicia desta especie que chega coa primavera e que está desaparecendo xa de moitas zonas de Europa como, por exemplo, o litoral de Galicia.
Os escolares -e tamén os adultos- que desexen participar neste proxecto deben enviar un correo electrónico ao buzón prensa-escola@lavoz.es indicando o nome de quen ou quen escoitaron o canto do cuco, a hora, a data e o lugar (parroquia, municipio, provincia e, si é posible, coordenadas X e Y. Tamén deben facer constar cantos exemplares son os que escoitaron. Para completar o estudo, Voz Natura invita aos escolares partipantes a que soliciten as opinións dos seus avós e pais sobre si antes escoitábanse máis cucos que agora e envíen estes testemuños á mesma dirección de correo.
Os primeiros cucos adoitan escoitarse no sur e no centro de Galicia a principios de marzo, anunciando a próxima chegada da primavera. Ao longo dos tres próximos meses seguen chegando desde África, formando parellas e buscando niños doutras especies onde poñer os seus ovos. Nos últimos decenios están desaparenciendo de amplas zonas.