Gozando da natureza en Cabárceno
Os alumnos do colexio Sagrado Corazón - Madres Mercedarias, de Ferrol, pecharon o curso gozando dunha excursión dun semana ao parque natural de Cabárceno, en Cantabria. Foi a súa recompensa como gañadores do gran premio Galicia do curso 2008-2009.
O albergue de Villanueva de Villaescusa, a un quilómetro do parque, foi o seu campamento base. Desde alí, partiron para realizar rutas de sendeirismo, deportes de aventura, acampadas e, por suposto, para visitar o parque de natureza.
Con esta viaxe, profesores e alumnos celebraron a consecución do premio Galicia da 12ª edición de Voz Natura grazas ao seu proxecto "Coidemos a terra, o noso fogar".