CAST | GAL

Sétima edición (2003-2004)

 
Ata 23.700 estudantes de todos os niveis —excepto o universitario— convertéronse en mozos Voz Natura na sétima edición do programa. Pertencían aos 160 centros educativos cuxos proxectos foron seleccionados polo Comité Científico entre as 181 propostas recibidas na Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.Destacou neste curso a aparición de dous proxectos que, por primeira vez, propuñan centrar a súa actuación ambiental na recuperación ou creación de rutas de sendeirismo. Unha vez máis, o programa reflectía a tendencia da súa sociedade, unha sociedade na que cobran protagonismo os deportes verdes e os hábitos de vida saudables. Así mesmo, rexistrouse un lixeiro descenso das propostas relacionadas con xardíns e hortos escolares porque as comunidades escolares apostaron por ir máis aló do recinto educativo para realizar traballos con influencia nos seus pobos ou cidades.
A sétima edición de Voz Natura contou no apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, Caixa Galicia, Ence e El Corte Inglés.
 

DESCARGAS

MEMORIA - PREMIO GALICIA 2003 - 2004
PREMIADOS
CENTROS E PROXECTOS
BASES
CARTEL DA EDICIÓN
LOGO