




Os blogs de Voz Natura, en marcha
Os blogs de Voz Natura, en marcha Logo dunha primeira edición a proba, os cadernos dixitais dos centros comezan este curso coa intención de consolidarse como un punto de encontro entre a comunidade Voz Natura e servir de vehículo para trasladar o seu proxecto e as súas inquietudes ambientais ao resto da blogosfera.




Voz Natura volve ás aulas
Miles de nenos e mozos de Galicia reincorporánronse ás suas aulas e ao mesmo tempo, as comunidades educativas dos 244 centros participantes retoman ou inician os seus proxectos ambientais. ¡Quedan nove meses por diante de traballo polos ecosistemas de Galicia!O colexio ourensán Guillelme Brown inicia as súas actividades en Voz Natura coa solta dun cárabo
Dezaoito colexios da provincia participarán este curso nas actividades ambientais do programa ecolóxico da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.




Os centros educativos envórcanse contra o cambio climático
A premisa coa que traballarán os participantes, apoiados polo equipo do Programa Voz Natura, será frear o cambio climático.“Coidar a terra como a nosa casa” é o novo lema do colexio das Nais Mercedarias de Ferrol
Ao longo do curso tratarán de chamar a atención sobre a necesidade de reducir as emisións á atmosfera de gases contaminantes.




Posta a punto da Lagoa de Cospeito
Begano Coca-Cola e Voz Natura acompañados por un centenar de mozos limparon a lagoa de Cospeito.




Os centros Voz Natura colocan caixas niño
Os centros Voz Natura, como sempre envorcados con calquera proxecto que represente un beneficio para a contorna natural galego, xa comezaron a colocar as caixas niño para aves insectívoras que hai pouco máis dun mes recibían grazas a un novo colaborador do programa, Husqvarna..gif)




Goza dun Nadal ecolóxico con Voz Natura
Se durante todo o ano te esforzáches por coidar o medio ambiente, non baixes a garda nestas festas. Os centros Voz Natura así o fan e, ademais, o colexio Domingo Fontán, de Portas, proponche como crear o teu propio eco-belén.





Participa nos nosos cursos homologados sobre blogs
Voz Natura ofrece aos profesores participantes no proxecto a posibilidade de asistir a sesións formativas gratuítas sobre a creación de cadernos dixitais. Se estás interesado preincríbete xa antes do 15 de xaneiro.




Últimos días para inscribirse nos cursos homologados sobre blogs
Máis de setenta profesores apuntáronse xa para participar nas sesións formativas gratuítas sobre cadernos dixitais. Se es docente dun centro Voz Natura non esperes máis e inscríbete.O primeiro curso, en Arteixo
Voz Natura impartirá os días 9, 10 e 11 de febreiro, na sede central de La Voz de Galicia (Arteixo), o primeiro curso sobre a integración dos blogs nos proxectos ambientais dos centros educativos.Máis de 150 profesores participarán nos cursos sobre blogs
Os docentes Voz Natura están decididos a crear a súa propia blogosfera. Para facelo, nada mellor que comezar formándose nas actividades homologadas que organizará o programa. Se aínda non o fixeches, aínda podes apuntarte nas listas de espera dos cursos que se organizarán en diversos puntos de Galicia...




Voz Natura aborda a xestión de residuos a través de proxectos educativos
É un dos principais problemas da sociedade actual cuxa solución pasa, en primeira instancia, polo compromiso individual de cada cidadán coa redución, a reutilización ou a correcta separación que abra a porta á reciclaxe. O tratamento dos residuos é e será un reto que os centros educativos de Galicia xa están abordando a través dos seus proxectos Voz Natura.Un exemplo a seguir
O CEP Pedro Caselles Beltrán, de Tomiño, aterra este curso en Voz Natura con moitas ganas de coidar a natureza. Ademais de desenvolver un ambicioso proxecto ambiental, o grupo ecolóxico do centro edita un completo boletín sobre as súas actividades, que podes consultar aquí.RECICLARTE no colexio Galán, de Arteixo
Converter en arte materiais aparentemente inútiles é o reto que se marcaron os alumnos. O centro acolle unha exposición cos traballos realizados no primeiro trimestre. As obras de Maside ou Colmeiro serviron de inspiración para algúns traballos.




José Antonio Díaz, presidente do Grupo Micolóxico Galego
O portavoz e secretario do Comité Científico de Voz Natura -enlace cos centros e responsable da exposición de todos os traballos que se realiza a final de curso- acaba de ser nomeado presidente do Grupo Micolóxico Galego Luis Freire..jpg)




O Comité Científico inicia a segunda rolda de visitas aos centros
Voz Natura é un programa educativo, pero con selo de calidade. A garantía póñena os integrantes do Comité Científico que a principios de febreiro comezarán un novo e importante capítulo da súa labor coa segunda visita aos centros.Mensaxes para os paxaros
Os alumnos do colexio Pousada de Carcacía, de Padrón, colocaron caixas niño e comedeiros na contorna escolar para observar aos paxaros e para darlles acubillo.




Os profes volven á escola... de blogs
Os docentes involucrados en Voz Natura teñen moi claro que a reciclaxe é o futuro. E, para dar exemplo, comezaron por reciclarse eles mesmos. Reciclarse para subirse ao carro das TICS, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación, neste caso, ao servizo da protección da natureza.




Miles de alumnos galegos achéganse á agricultura ecolóxica con Voz Natura e Craega
Será ao longo desta mañá, no colexio Hijas de Jesús, da Coruña. Os seus máis de novecentos alumnos serán os primeiros en participar este curso nesta campaña co obxectivo de formar e informar aos máis pequenos sobre as vantaxes da produción e consumo de alimentos respectuosos co medio ambiente.




Agricultura ecolóxica na Coruña
O colexio Hijas de Jesús foi o primeiro en participar na campaña que desenvolven Voz Natura e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) para informar aos máis pequenos sobre as vantaxes da produción e consumo de alimentos con selo ecolóxico.Alumnos de Mercedarias limpan o piñeiral de San Jorge en Ferrol
Un grupo de 83 alumnos recolleron residuos nesta contorna natural e aproveitaron a saída para colocar as caixas niño doadas por Husqvarna.O colexio Rosalía de Castro, de Carril, aposta polo labradío
Tanto os alumnos de 3 anos como os de sexto de Primaria contribúen a crear e manter un horto digno de museo.




Os pais toman a iniciativa en Voz Natura
En Cedeira, os alumnos do Ceip Nicolás do Río, protexen o medio ambiente a través de Voz Natura e fano grazas á iniciativa da Asociación de Nais e Pais (Anpa) Picapeixe. Neste caso, foron os pais os que deron o primeiro paso para inculcar aos seus fillos o respecto pola natureza. Como eles, outros colectivos de pais promoveron proxectos ecolóxicos.




A agricultura ecolóxica chega a Ribeira
Os alumnos do colexio de Palmeira descubriron onte os segredos da horta sen abonos químicos, deses tomates ou leitugas que saben e cheiran a tomates e leitugas e que dá gusto levar á boca. E achegáronse ao mundo ecolóxico da mellor dos xeitos: cun divertido vídeo e probando uns saborosos iogures.




Curso de blogs ambientais en Santiago
Docentes das comarcas de Santiago, O Sar, Muros e Barbanza asistiron en Santiago a un seminario sobre a integración dos blogs nos proxectos ambientais dos centros educativos.Franciscanas leva Voz Natura ata Alemaña
O centro ourensán aproveitou a súa visita ao país xermano para analizar a súa cultura ambiental e adquirir coñecementos que utilizarán para a elaboración do seu proxecto Voz Natura do próximo curso, dedicado a protexer a biodiversidade.





Agricultura ecolóxica nos centros Voz Natura
Cada vez máis centros estanse animando a participar nos talleres sobre agricultura ecolóxica impartidos por Voz Natura e o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.Máis vida para a Serra da Groba
Escolares dos colexios Ría de Vigo e Refoxos-Loureza plantaron máis de 200 árbores de especies autóctonas nun área que resultou devastada polos incendios.Brigadas de limpeza no colexio das Covas
Todos os alumnos deste centro de Meaño implícanse en actividades de reciclaxe, plantación e conservación das instalacións.




Voz Natura celebra o Día Forestal Mundial
Os centros participantes realizan estos días múltiples plantacións para conmemorar esta data. Ademais, en Sarria, os escolares do Frei Luis de Granada plantaron as árbores doadas por Viveiros Cabaleiro.
Mercedarias contra o stand by
O colexio Sagrado Corazón, de Ferrol, promove entre os escolares e a súa comunidade o aforro enerxético e o coidado do medioambiente.




As escolas infantís de Galicia reforestan e reciclan
Os catorce centros da Red Cativos realizaron unha plantación simultánea o pasado sábado. O seu traballo é un bo exemplo do labor que os máis pequenos de Galicia realizan a través de Voz Natura.Cultivando a sustentabilidade
Os alumnos do colexio Monte Caxado, das Pontes, plantan árbores e froitas do bosque para comprobar a súa rendibilidade. Fresas, mouras, peras, mazás e guindas forman xa parte do temario do curso.Os pequenos de Ribadumia coidan o xardín dos sentidos
A vista, o gusto, o tacto, o olfacto e ata o oído teñen o seu espazo no patio traseiro do CRA de Leiro que agora se converteu nun edén de plantas.




Voz Natura encara o final dun curso con proxectos de gran impacto social
Parques públicos, praias, xardíns, áreas recreativas, montes ou ríos son algúns das contornas que cambiaron o seu aspecto durante os últimos meses grazas ás intervencións realizadas polas comunidades participantes en Voz Natura.




Os centros protexen e recuperan o patrimonio etnográfico de Galicia
Coidar e defender o patrimonio natural galego foi e é o obxectivo principal dos traballos Voz Natura desenvolvidos desde 1997, un total de 1.899. Con todo, profesores e alumnos tamén se deteñen na protección doutros tipos de patrimonio: o etnográfico, o cultural e ata o histórico.




Os proxectos escolares enriquecéronse este curso con actividades paralelas
A duodécima edición de Voz Natura, que agora finaliza, estivo caracterizada pola diversidade. Primeiro, polos ámbitos de actuación dos traballos ambientais que realizaron os 244 centros participantes e, segundo, polas actividades complementarias a este labor que realizaron profesores e alumnos ao longo do curso.




Os gañadores provinciais van de excursión!!
Os alumnos dos centros gañadores dos premios provinciais participaron nunha excursión ao complexo intermareal Umia-O Grove como recompensa ao traballo realizado. Os catro colexios gozaron dunha completa xornada na que aproveitaron para intercambiar experiencias, realizar unha travesía en barco e unha ruta por este espazo protexido, entre outras actividades.





Voz Natura en Eduambiengal 09
Voz Natura está a participar nas VI Xornadas Galegas de Educación Ambiental, que se celebran en Santiago de Compostela os días 25, 26 e 27 de xuño, para dar a coñecer o labor desenvolvida polos centros participantes a través dos case 1.900 proxectos executados desde o nacemento do programa, no 1997.




Gozando da natureza en Cabárceno
Os alumnos do colexio Sagrado Corazón - Madres Mercedarias, de Ferrol, pecharon o curso gozando dunha excursión dun semana ao parque natural de Cabárceno, en Cantabria. Foi a súa recompensa como gañadores do gran premio Galicia do curso 2008-2009. 13_3.png)



