CAST | GAL

O REPORTEIRO

Centros Voz Natura | Aventuras

 

Nesta sección poderedes atopar información diaria e in situ dos proxectos ambientais que se están levando a cabo nos distintos centros participantes. Non cho podes perder, se cadra o noso reporteiro xa visitou o teu colexio ou está preto, mírao no mapa!
AVENTURAS RECENTES

Un corvo mariño ás beiras do río Tea

Un corvo mariño ás beiras do río Tea

Durante unha das nosas actividades especiais do curso, da man do CPR Santiago Apóstolo de Ponteareas, tivemos a oportunidade de observar un corvo mariño secando as súas ás ás beiras do río Tea. Río no que os alumnos do centro puideron tomar mostras para medir o pH das súas augas, a velocidade do seu caudal ou o seu grao de turbidez.

Concurso de cabazas

Concurso de cabazas

Achégase o Samaín e no CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro sábeno ben. Todo o alumnado ten ata o próximo 30 de outubro para entregar as súas cabazas. Haberá premios!

Transformando o centro

Transformando o centro

O CEIP Frei Luis de Granda de Sarria leva anos transformando da man de Voz Natura un dos espazos do centro escolar. Este patio agora goza dun invernadero e unha horta de aromáticas, unhas mesas para que o alumnado poida traballar, descansar ou merendar nelas e un xardín amplo que naturaliza o centro. 

Jornadas Conciencia en Salesianos

Jornadas Conciencia en Salesianos

Segunda xornada de ConCiencia no CPR María Auxiliadora - Salesianos - de Ourense. Nesta ocasión, José Ángel Vázquez Barquero, profesor das Facultades de Empresariais, Turismo e Relacións Internacionais, impartiu unha charla ao alumnado sobre as cidades termais e o desenvolvemento de vidas máis saudables e ambientalmente sostibles, así como os recursos térmicos e xeotérmicos.

Aprendendo do noso patrimonio cultural

Aprendendo do noso patrimonio cultural

O coñecemento e polo tanto coidado do patrimonio cultural local é unha materia curricular no CRA Nosa Señora do Faro, con centros escolares distribuídos en Ponteceso, Malpica e Cabana. Foi en Brantuas onde este xoves celebraron a que denominan "festa da vendima", pero que en realidade foi unha exaltación de todo o saber rural que rodea os centros, dende a cestería ata o trenzado de cebolas e allos -con Carmen-. , a esfolla do millo ou a propia vendimia.

Aula de natureza do río Miño

Aula de natureza do río Miño

Así traballan os Ecovixiantes do Divina Pastora en colaboración coa Aula da Natureza do río Miño, repoñendo as plantas do seu xardín para crear un número 20, que son os anos que a Aula celebra. Especialmente queremos felicitar a Luis pola súa labor ambiental nesta longa traxectoria, parabéns! Por moitos anos máis!

Un hotel de insectos

Un hotel de insectos

O Centro de Educación Especial Miño de Ourense creou cos seus alumnos este marabilloso hotel de insectos. Animámosvos a facer esta actividade, merece moito a pena!

Aquí falta unha árbore

Amigas da Terra realiza esta campaña na cidade de Ourense para denunciar a tala cada vez máis indiscriminada de árbores sans no seu territorio e empraza ás autoridades a promover a súa conservación e protección.

Ecovixiantes en marcha

Ecovixiantes en marcha

Os Ecovixiantes do CPR Divina Pastora de Ourense levan traballando dende o primeiro día de curso na defensa do medio ambiente. Ademais, tamén difunden o seu proxecto, os seus logros, as actividades que están por vir e motivan aos seus alumnos para que coñezan a orixe do seu grupo: as paredes do centro son testemuña diso!

O mar empeza eiquí

O mar empeza eiquí

O CPI José García de Mende (Ourense) leva anos contribuíndo a unha campaña internacional para evitar que os lixos sexan tirados polo sumidoiro. “O mar comeza eiquí” é o seu lema, e podemos atopar iniciativas similares en cidades como Menorca ou Buenos Aires.

Coidando do bosque

Coidando do bosque

No Bosque do Seminario Menor A Inmaculada de Ourense seguen coidando cada detalle: roza e limpeza, mantemento dos camiños, mobiliario e sinalización, replantación de árbores... Un lugar marabilloso para pasear e gozar da natureza.

Reutilizando tapóns

Reutilizando tapóns

Dúas excelentes opcións para reutilizar tapóns. O CEIP Nosa Señora de Xuvencos elaborou un mural con este material para decorar as paredes do centro e o CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia realizou un espantallo para o seu xardín. Todo é poñerlle un pouco de creatividade!

A ecopatrulla en acción

A ecopatrulla en acción

Os máis pequenos do CEIP Albino Núñez de Ourense limparon o xardín de lixo evitando que os seus patos e galiñas comeran plásticos accidentalmente. O cubo quedou visible para que os seus compañeiros puidesen ver o resultado da xornada de traballo da ecopatrulla.

Comeza o curso!

Comeza o curso!

Comeza un novo curso e con el as viaxes do Comité Científico de Voz Natura. A partir do 23 de setembro visitaremos aos participantes con saída na provincia de Ourense.

Síguenos en nuestras redes

¡No te pierdas nada!