CAST | GAL

Curso 24-25: Ciencia que coida e preserva

Participa das nosas actividades!

 

CURSO 23-24: ¡PROTEXEMOS A FLORA E A FAUNA DE GALICIA!

Voz Natura acada este curso 2024-2025 a súa 28.ª edición con 379 centros educativos e asociacións ambientais traballando para preservar os ecosistemas de Galicia e para implicar a toda a sociedade no seu labor. A nosa comunidade está formada por máis de 3.900 docentes que motivan e guían a 76.000 alumnos das catro provincias.

Como cada curso, Voz Natura seleccionou un tema central sobre o que por o foco. Nesta edición, darase especial protagonismo ás actividades relacionadas co coñecemento e uso da ciencia e o método científico para protexer o medio ambiente. Proponse aos participantes a realización de estudos e investigacións científicas e accións directas sobre o medio destinadas a resolver problemas ambientais nos nosos ecosistemas, preservar a nosa empobrecida biodiversidade, loitar contra o cambio climático, evitar a destrución de hábitats e usar as ferramentas da ciencia para preservar os nosos ríos, montes e praias.

Valoraranse especialmente as actividades relativas ao fomento da ciencia cidadá e a ciencia aplicada á protección da natureza, así como o coñecemento da meteoroloxía e o clima, o uso da tecnoloxía para o desenvolvemento sostible e as actividades relacionadas coa calidade dos nosos chans, a calidade da auga dos nosos ríos e praias e a solucións creativas para os retos ambientais do presente e do futuro.

Ademais, como en todas as edicións do programa, terán cabida todo tipo de proxectos ambientais enfocados á protección e coidado dos ecosistemas, a promoción dos valores paisaxísticos e o patrimonio etnográfico, as rutas didácticas pola natureza, a reciclaxe e a separación de residuos, os hortos escolares, as actividades de concienciación e sensibilización así como de acción directa sobre o medio.


 

28.ª edición en imaxes

 
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido
imagenescontenido

 

RECURSOS

LISTADO DE CENTROS PARTICIPANTES E PROXECTOS
CARTEL 28.ª EDICIÓN
CALENDARIO 2024-205
BASES
LOGO