CAST | GAL
 

PROGRAMA DE EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

Voz Natura é o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre desde o curso 1997/1998. O seu obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Desde a súa posta en marcha, os equipos participantes -integrados por estudantes e profesores- executaron máis de 6.000 proxectos por toda a xeografía galega. Para iso, contan co asesoramento dun comité científico que, ao final da edición, recoñece os mellores traballos coa concesión do gran premio Galicia, os galardóns provinciais e o recoñecemento ao mellor proxecto infantil.

Para pór en valor o traballo do profesorado, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade, a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, recoñece a coordinación dun proxecto Voz Natura como unha actividade de innovación educativa, co seu correspondente equivalencia como formación permanente do profesorado.

Premios
A relevancia de Voz Natura foi recoñecida coa concesión de diversos galardóns:

  • Premio Fontes, da Federación Ecoloxista Galega (1999). 
  • Bandeira Europea do Medio Ambiente (2000).
  • Premio Félix Rodríguez de la Fuente (2001).
  • No ámbito internacional, a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comunidade Europea destacou o alto interese educativo do programa e apoiou un acordo editorial alcanzado entre La Voz de Galicia e os xornais Diario Público, de Lisboa, e Le Telégramme, de Brest (2001).
  • Premio Europeo de Medio Ambiente á Empresa da Comisión Europea e a Fundación Entorno. Sección Galicia, categoría "Comunicación para o Desenvolvemento Sostible" (2008).
  • Premio Luís Tilve. Categoría "Defensa do medio ambiente e dos bens comúns" (2010).
  • Premio de Emalcsa (Concello de A Coruña). Categoría "Entidad impulsora da protección do medio ambiente" (2010).
  • Único gañador en España do prestixioso Energy Globe Award, da edición 2014.
  • Empresa do Ano a La Voz de Galicia, polo seu programa Voz Natura, do Colegio de Biólogos de Galicia (2017).
  • Medalla de Ouro da Cruz Vermella Española (2018).
  • Premio da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) 2019.
  • Premio Aproema - V edición. Categoría "Entidade privada - contribución á  conservación do Medio Ambiente en Galicia" (2021).