Máis de 71.000 estudantes coidan a súa contorna este curso con Voz Natura
Cando se peche o curso escolar recentemente estreado, nos ecosistemas galegos realizáronse 360 intervencións ecolóxicas de recuperación e protección. Serán tantas como centros educativos -de todos os niveis salvo o universitario- e asociacións participan nesta 22.ª edición de Voz Natura.
Ademais da súa actividade como docente no colexio Santa María del Mar, Susana Vázquez é a responsable dos blogues Voz Natura e do blogue mestre do programa (Blognatura). Trátase dunha das ferramentas craves deste programa de educación ambiental.
O comité científico de Voz Natura xa está en ruta polos colexios
O comité científico de Voz Natura xa está na estrada para coñecer os 360 proxectos que levarán a cabo os centros educativos e asociacións participantes na 22.ª edición do programa ambiental da Voz, desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Non, o vindeiro mércores en Galicia non é o día de Halloween. É o Samaín, unha festividade de orixe celta para celebrar o final da tempada de colleitas. Unha festa na que tamén se envorcarán os centros escolares que participan no programa de educación ambiental Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre.
Os profesores son un alicerce fundamental do programa de educación ambiental de La Voz de Galicia, desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Por iso, os docentes de centros inscritos no Programa Voz Natura poderán participar no curso de Desenvolvemento e Divulgación de Proxectos Ambientais, totalmente gratuíto e homologable pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia.
Voz Natura envórcase no coidado dos montes galegos
Voz Natura dedica este curso unha especial atención ao coidado dos montes galegos. Varios son os proxectos que se centran neste aspecto, fundamental para o medio ambiente galego.
Cinco centros debutan nesta edición do programa Voz Natura
Voz Natura crece. O programa de educación ambiental promovido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que prima os proxectos de acción directa na contorna, amplía a súa xa de seu nutrida lista de participantes coa incorporación de cinco novos colexios.
A conta atrás para as noites máis máxicas do ano comezou. Os máis pequenos fixeron un oco para pensar no medio ambiente, e os centros que colaboran con Voz Natura preparan estes días varios proxectos centrados na solidariedade, a reciclaxe e a concienciación sobre consumo responsable.
Residuos plásticos que fan a vida máis fácil a discapacitados
Soportes para lapis ou para agarrar un culler; clasificadores de calcetíns; adaptadores para coller as chaves, o cepillo de dentes ou os zapatos; perchas especiais... Son instrumentos ortopédicos sinxelos que teñen en común a súa función de axudar a persoas con algún tipo de discapacidade psíquica ou funcional a realizar actividades rutineiras na súa vida cotiá.
Voz Natura renova o seu plan de acción tras superar os 5.000 proxectos realizados
O curso 2018-2019 de Voz Natura vén cargado de titulares. O primeiro é que o programa de educación ambiental supera nesta edición os 5.000 proxectos ambientais. Son 5.000 actuacións nos ecosistemas de Galicia realizadas en 21 anos, asinadas por nenos, novos e profesores, co apoio de familias, comunidades de montes, concellos, asociacións...
Cedeira mira ao monte con outros ollos da man do programa Voz Natura
O ANPA O Beco e o IES Punta Candieira de Cedeira promoven outra visión do monte, diferenciada do aproveitamento forestal. Con novos ollos: o uso social do monte é o título do proxecto multidisciplinar coordinado por ambas as entidades da man do programa Voz Natura.
O CPR Seminario Diocesano Menor, A Inmaculada, de Ourense súmase á proposta de Voz Natura, o programa de educación ambiental de La Voz de Galicia que foi desenvolto pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e que conta xa con 12 anos de percorrido.
«Medrando Xuntos», aprendendo e coidándonos xuntos
O proxecto Medrando Xuntos do CEIP Plurilingüe As Solainas Nicolás Gutiérrez, en Campo da Guarda (Pontevedra), continua formando parte da rede de colexios de Galicia que participan no programa ambiental de Voz Natura.
O CEIP Monforte participa desde hai anos en Voz Natura e esta vez faio cun proxecto que integra múltiples disciplinas co obxectivo único de concienciar da necesidade de coidar os nosos bosques.
Os escolares de Rianxo involúcranse coa reforestación da zona
A concienciación ecolóxica é unha materia do CEIP Ana María Diéguez, de Rianxo. Non se dá dentro do currículo, pero si que se desenvolven numerosas actividades para fomentala.
Comprometidos coa preservación dos ríos e dos bosques
Son moitos os colexios ou as asociacións galegas para quen o programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre non resulta indiferente. Cada vez son máis os que fan aos usuarios partícipes en tarefas como: a limpeza dos bosques ou das praias, a protección dos ríos, as actividades de reciclaxe, técnicas para aprender a plantar e cultivar nos hortos para o autoabastecimiento ou a recuperación forestal.
Galicia sempre foi un territorio recoñecido e vinculado fóra das súas fronteiras, canto máis polos propios galegos, ao verde das súas praderías e a riqueza da súa vexetación. Pero esta pide ser coidada.
A Garda Civil de Galicia penétrase no mundo escolar coa misión de trasladar valores como o respecto, o amor, o coidado e a protección da natureza. Eles mesmos serven cada día ao medio natural en labores de protección e reserva.
Os escolares lucenses coidan a súa contorna con Naturacción
Desde o curso 2013-2014, os colexios e institutos da Mariña e a súa área de influencia canalizan a súa participación en Voz Natura a través de Naturacción, un programa patrocinado pola Fundación Alcoa co respaldo de Alcoa San Ciprián e a colaboración da Consellería de Educación.
Voz Natura envórcase no coidado dos montes galegos
Dentro do programa Voz Natura o coidado dos montes galegos ten unha importancia fundamental. Nese sentido destaca, pola súa importancia, o traballo realizado pola Asociación Avelaíña, que conta con centros en Baiona, A Guarda e Ponteareas.
Voz Natura fallará os seus premios o Día do Medio Ambiente
Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente, o 5 de xuño, o programa de educación ambiental Voz Natura desvelará o nome dos equipos (escolas infantís, colexios, institutos ou asociacións) que este curso executaron os proxectos ecolóxicos máis destacados.
Achégase o verán, e os alumnos dos colexios que integran o proxecto Voz Natura poñen o seu granito de area para que as praias estean máis limpas que nunca.
Voz Natura se alía con Husqvarna para protexer ás aves
Voz Natura dedica este curso á protección dos montes galegos. Cada equipo participante interpreta ao seu modo a proposta temática e trasládaa ao seu proxecto a través de diversas accións. Así, ademais de limpar, plantar e reforestar, algúns traballan este curso na protección da fauna dos bosques, especialmente, das aves.
Os 360 equipos Voz Natura deste curso finalizan os seus traballos
Oficialmente, este mes os 360 centros educativos e asociacións ambientais que participan en Voz Natura finalizan os seus proxectos. Só oficialmente, porque na práctica, e a pesar de presentar xa a memoria final, profesores e alumnos seguen traballando ata que acaba o curso.
O colexio Salesianos de Ourense gaña o premio Galicia de Voz Natura
Levan 7 anos coidando o medio ambiente a través de Voz Natura. Aos poucos, o seu proxecto fíxose en realidade e foi crecendo ata conseguir gañar o premio da súa provincia no curso 2013-2014. Profesores e alumnos non se deron por satisfeitos e seguiron dándoo todo ata este ano, cando o comité científico tívoo claro: o traballo do colexio María Auxiliadora-Salesianos de Ourense foi o mellor da edición e, por iso, o gañador o premio Galicia do curso 2018-2019.
O colexio Salesianos de Ourense, premio ao mellor blogue Voz Natura
O colexio María Auxiliadora-Salesianos de Ourense continúa de parabén, xa que este curso fai dobrete. Se a semana pasada proclamábase gañador do premio Galicia polo seu proxecto Naturezaula, esta semana o seu caderno dixital Sendeiro Periurbano Ourense foi merecedor do premio ao mellor blogue da comunidade Voz Natura, galardón patrocinado por Coca-Cola.
Voz Natura entrega os seus premios mañá no Museo da Voz
Voz Natura pecha este venres o seu 22.ª edición coa entrega de premios aos centros gañadores deste curso. O acto celebrarase ás 12.00 horas no Museo da Voz, situado na sede central do xornal en Arteixo.
O programa educativo de La Voz de Galicia entregou o pasado venres os galardóns aos mellores proxectos deste curso, no que 71.000 alumnos realizaron actividades relacionadas co coidado dos montes.