Día para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra
A perda de vidas humanas é o principal efecto das guerras. Con todo, nunha segunda fase, hai que lamentar a destrución de patrimonio cultural, arquitectónico, artístico... e, por suposto, natural. Os ecosistemas padecen as consecuencias dos conflitos armados, mesmo despois de terminados os enfrontamentos e durante varias xeracións. Os efectos das guerras na natureza non entenden de fronteiras e superan os límites dos territorios nacionais.Estas premisas, levaron á Asemblea Xeral de Nacións Unidas a instaurar, o 5 de novembro do 2001, o Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados, unha celebración que se realizará o 6 de novembro de cada ano. No momento de declarar esta conmemoración, a Asemblea recordou a Declaración do Milenio das Nacións Unidas, na que destacou a necesidade de protexer o noso contorno común.
Máis información:
ONU. Desastres e conflitos