Día Mundial do Non Uso de Praguicidas
Esta conmemoración foi establecida en 1989 polas 400 organizacións membros de PAN (Pesticide Action Network) en 60 países. A data recorda a catástrofe ocorrida en Bhopal (India) en 1984, cando 3.500 persoas morreron e outras 10.000 quedaron afectadas por un escape dun gas tóxico empregado na elaboración dun praguicida da Corporación Unión Carbide.Esta efeméride quere chamar a atención e sensibilizar á cidadanía sobre as implicacións do uso de agroquímicos na agricultura mundial. Os organizadores defenden que estes axentes desequilibran os ecosistemas, contaminan, deterioran o medioambiente e, ata, carrexan graves problemas de saúde entre os humanos.
Máis información sobre os pesticidas