CAST | GAL
 
Día Internacional do Combatente dos Incendios Forestais

Con este día recoñécese o nivel de compromiso e dedicación de aquelas persoas que combaten as lapas nos bosques e campos de todo o mundo. Especialmente desde os incendios do verán do 2006, Galicia ten este día máis presente que nunca, xa que moitos incendios poideron apagarse grazas a numerosos voluntarios, canalizados, en parte, a través da Consellería do Medio Rural, responsable da loita contra o lume na nosa comunidade.

A orixe desta celebración é recente. En decembro de 1998 tivo lugar un incendio na localidade canadiense de Linton, onde perderon a vida cinco membros dunha brigada forestal. Este tráxico suceso foi o punto de partida para crear en torno a este feito un movemento social de concienciación sobre o traballo que realizan os combatentes dos incendios forestais.

Día Mundial das Aves Migratorias

Desde o ano 2018, axuntáronse as campañas máis grandes do mundo para a sensibilización e a educación acerca das aves dirixidas por  EFTA, AEWA e CMS, tres organizacións que teñen como obxectivo colaborar para concienciar sobre a necesidade da conservación das aves migratorias e os seus hábitats. 
O Día Mundial das Aves Migratorias ( WMBD) ten unha nova dimensión global, ao unir os principais corredores migratorios do mundo, tamén chamados corredores aéreos e, por primeira vez, hai dous días de campaña álxidos: os segundos sábados de maio e de outubro.

A campaña é unha ferramenta eficaz para axudar a aumentar a conciencia mundial sobre as ameazas que enfrontan as aves migratorias, a súa importancia ecolóxica, e a necesidade da cooperación internacional para a súa conservación.

Día Internacional de Acción do Clima

El 15 de maio celébrase en todo o mundo esta xornada de Acción Global do Clima. Reducir as súas emisións contaminantes para frear o cambio climático supón un dos principais retos aos que se enfrontan as sociedades desenvolvidas, posto que os países en vías de desenvolvemento teñen que cargar con máis do 90% do impacto económico e humano do cambio climático, mentres que contribúen menos do 1% das emisións contaminantes que están quentando o planeta.

Máis información: 
Acción por el Clima
Cambio climático

Día Internacional da Reciclaxe

Papel, latas, briks, vidro e residuos orgánicos teñen o seu contedor correspondente e unha data no calendario para lembralos. Deste xeito, o 17 de maio constitúese o Día Internacional da Reciclaxe, para concienciar á poboación mundial da importancia que ten hoxe en día a reciclaxe.Por exemplo, reciclar unha lata de aluminio pode aforrar un 90% da enerxía necesaria para facer unha nova, segundo datos do Ministerio de Medio Ambiente.Por certo, os móbiles tamén se reciclan, o seu lugar é o contenedor do punto limpo.

Máis información:
Aprende a reciclar
Portal Redcicla

Día Mundial das Abellas

As abellas e outros  polinizadores, como as bolboretas, os morcegos e os  colibríes, ven cada vez máis ameazados por actividades humanas.
Para crear conciencia sobre a importancia dos  polinizadores, as ameazas ás que se enfrontan e a súa contribución ao desenvolvemento sustentable, a ONU declarou o 20 de maio como Día Mundial das Abellas.

Máis información:
Nacións Unidas (Día Mundial das Abellas)

Día Internacional da Diversidade Biolóxica

En decembro do 2000, a Asemblea Xeral de Nacións Unidas señalou este día no calendario para aumentar o entendemento sobre cuestións de diversidade biolóxica.O Convenio sobre Diversidade Biolóxica asinouse en Río de Xaneiro, durante o Cumio das Nacións Unidas sobre Ambiente e Desenvolvemento, denominada "O Cumio da Terra" e entrou en vigor o 29 de decembro de 1993. O seu obxectivo é fomentar o desenvolvemento sostible, promovendo o benestar humano e o da natureza. O convenio recoñece como diversidade biolóxica a todos os seres vivos da Terra e elementos que a compoñen.
Aínda que o lóxico sería celebrar este día en decembro, cambiouse a data debido ás dificultades que tiñan moitos países para planificar as celebracións en decembro.

Día Europeo dos Parques Naturais

Os primeiros parques nacionais de carácter europeo xurdiron a partir dunha declaración en Suecia o 24 de maio de 1909. A federación Europarc leva desde 1999 promovendo esta data como o Día Europeo dos Parques. En España, esta organización leva a cabo durante os últimos anos unha serie de actividades, concienciando á sociedade dos valores de colaboración e cooperación para a conservación da natureza.
Os espazos naturais protexidos en Europa cobren na actualidade uns 750.000 km², o que representa o 14,6% da superficie do continente.

MAIO // 2025

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31