CAST | GAL
 
Día internacional libre de bolsas de plástico

O 3 de xullo celébrase o Día Internacional Libre de bolsas plásticas para concienciar sobre a necesidade de redución das bolsas de plástico dun só uso e fomentar o consumo responsable.
As bolsas de plásticos son dañiñas para o planeta: tardan centos de anos degradarse e non só contaminan o ambiente senón que directamente danan a moitos organismos vivos.

Día Mundial da Conservación do Solo

A data do falecemento do científico estadounidense Hugh Hammond Bennet, en 1960, foi designada, tres anos despois, como o Día da Conservación do Chan. Bennet destacouse ao longo da súa vida como un conservacionista e firme defensor da integridade deste recurso natural como unha fonte de recursos que debe ser protexida.
O solo constitúese como un sistema dinámico e un dos recursos naturais máis importantes, non sempre valorado adecuadamente. A contaminación e a erosión son dúas das maiores ameazas ás que se enfrontan estes ecosistemas propiciadas por factores ambientais, sociais ou económicos.
En España, os chans vense seriamente agredidos por procesos erosivos e de desertificación. Así, segundo datos de Nacións Unidas, un terzo da superficie do país está gravemente ameazada pola desertización. Pola súa banda, en Galicia, a erosión provocada polos incendios forestais é unha das causas máis importantes de degradación dos solos.

Día Mundial da Poboación

Na actualidade, somos máis de 6.000 millóns de persoas as que habitamos este planeta. O 11 de xullo de 1987 foi cando as autoridades mundiais certificaron que a Terra alcanzara os 5.000 millóns de habitantes e, por iso, dous anos máis tarde, o Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) seleccionou esa xornada para facer un chamamento anual sobre as consecuencias que leva esta rápida superpoblación, sobre todo nos países en vías de desenvolvemento.
Este crecemento tan acelerado xera un problema evidente de recursos. Acceso á auga, terra para cultivos, alimentos, atención sanitaria ou educación son algúns dos factores que máis problemas propician no contexto actual.
Nacións Unidas realizou proxeccións sobre a evolución da poboación no planeta: para o ano 2050 ábrese un arco desde os 9.200 millóns de persoas ata os 12.000, en función da evolución das taxas de fecundidade dos países máis desfavorecidos. 

Máis información:
UNFPA (Fondo de Poboación de Nacións Unidas)

XULIO // 2025

Lun
Mar
Mér
Xo
Ven
Sáb
Dom
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31