Día da Educación Ambiental
A partir dos anos 70, a educación ambiental adquire un gran auxe, coincidindo cun momento no que a destrución dos ecosistemas e a deterioración da natureza empezan a ser percibidos con máis intensidade como un problema que afecta a toda a sociedade.En 1972, a celebración da Conferencia de Estocolmo marcou un punto de inflexión xa que recolleu unha mención expresa á educación ambiental, neste caso, dirixida a mozos e adultos, como o medio máis eficaz para previr e solucionar os problemas ambientais.
Cinco anos despois, na Conferencia de Tbilisi (Xeorxia) estimouse que «a educación ambiental debería integrarse no conxunto dos procesos educativos e dirixirse ao conxunto da poboación».
Da Conferencia de Río de Janeiro, en 1992, coñecida como Cume da Terra, saíu unha recomendación fundamental, incrementar os esforzos en materia educativa, reorientándoos cara á promoción do desenvolvemento sostible.
Diversos encontros internacionais posteriores, ratificaron o compromiso das autoridades mundiais coa educación ambiental ata chegar aos nosos días, onde esta materia está presente en todos os ámbitos educativos e sociais.
Máis información:
Centro Nacional de Educación Ambiental (CENEAM)
Conceptos básicos sobre educación ambiental