CAST | GAL

Vixésimo sexta edición (2022-2023)

 
Ecopatrullas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Ecopatrullas

O CEIP Nº2 de Tui saca os seus ecopatrullas ao patio para limpalo de residuos e conseguir así un espazo libre de lixo. Este tipo de actividades tamén teñen a súa función sensibilizadora, xa que o alumnado pode observar a cantidade de desperdicios que se xeran día a día. Recomendámosvos que visitedes a páxina web do centro para seguir o seu proxecto multidisciplinar e coñecer todas as súas actividades. Merece a pena!

 
Un lugar moi especial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un lugar moi especial

Cando o equipo Voz Natura coñeceu a Marta, a coordinadora do CPR San Fernando de Vigo, tivo o presentimento de que conseguiría grandes cousas dentro do programa. E non nos equivocabamos! A clave, sen dúbida, é a ilusión que este centro pon en cada actividade dentro da súa aula de natureza. Non só plantaron árbores, crearon unha horta e un xardín, tamén un espazo de encontro, de lectura e goce. Hoxe toca crear comederos para paxaros, e tamén atopalos cos seus prismáticos!. Parabens ao CPR San Fernando por converter unha parcela urbana nun lugar cheo de posibilidades

 
Un patio moi vivo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un patio moi vivo

O CEIP Pintor Laxeiro de Vigo leva a conciencia ambiental a todo o seu centro, e os patios non son unha excepción. Non só gozan plantando na súa horta senón que tamén promoven os "recreos residuos cero", separan correctamente aqueles que poidan xerar e animan ás familias e alumnos a incoroporar produtos reutilizables no seu día a día. Todo un exemplo!

 
Plantando e limpando ás beiras do río
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando e limpando ás beiras do río

A Escola Infantil Dalila realizou unha actividade en colaboración a Asociación Vaipolorío de Pontevedra ás beiras do Gafos. Alí limparon as súas marxes, plantaron árbores e aprenderon moitísimo. Unha iniciativa marabillosa!

 
Pintando a primavera
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Pintando a primavera

A natureza tamén se coñece e experimenta artísticamente e así nolo demostran os máis pequenos da Escola Infantil Monte do Alba de Vigo. Un gran mural cheo de flores para recibir á primavera!

 
Limpando o Lagares
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Limpando o Lagares

O paseo do río Lagares está protexido polos nosos centros Voz Natura, máis dun acode a limpar e tamén a vixiar con regularidade que as súas marxes estean libres de lixo. Nesta ocasión o CPR San Miguel II de Vigo atopouse cunha grata sorpresa, moi pouco que recoller!. Alégranos saber que a constancia dá os seus froitos e a educación ambiental da comunidade é cada vez maior.

 
Experimentando en clase
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Experimentando en clase

A Asociación Xaruma leva anos colaborando coa Escola Infantil Vila Laura de Vigo con estupendos resultados. Nesta ocasión, Raquel experimenta cos máis pequenos co pH da lombarda. Fixádevos como cambia de cor segundo estea máis acedo ou alcalino!

 
Reforestando
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reforestando

Manolo, da Asociación Alborada, sempre demostrou o seu espírito colaborativo con toda a comunidade. Aquí móstranos as árbores plantadas en colaboración con centros educativos, todos eles marcados cos nomes de cada participante.

 
Unha xanela de proxectos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha xanela de proxectos

Neste taboleiro de dous metros por un, o CPR Salesianos de Ourense expón as fotografías dos proxectos ambientais que van realizando durante o curso, para que todo o alumnado teña a oportunidade de velo, e tamén de verse a eles mesmos reflectidos no seu traballo. Aquí podedes visitar a súa páxina web, un verdadeiro exemplo de divulgación. Comunicar os vosos proxectos non só ten unha función informativa senón tamén motivadora, e causa un efecto contaxio na comunidade educativa. Nin vos imaxinades o impacto que teñen as vosas historias no mundo cando as contades! Adiante!

 
¡O CEIP A Lama no Culler de Pau!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

¡O CEIP A Lama no Culler de Pau!

O mesmo Javier Olleiros, chef do restaurante con dúas Estrelas Michelín Culler de Pau, recibiu ao alumnado do CEIP A Lama para ensinarlles unha lección moi especial. O centro está inmerso nunha importante transformación dos seus espazos e a súa Aula de Natureza é unha parte fundamental. No seu invernadoiro cultivan os alimentos que logo consomen no comedor, como no Culler de Pau!. A importancia do cultivo ecolóxico, de proximidade (mesmo de km.0) e coa mínima pegada ecolóxica, tamén se practica en restaurantes de alta cociña. Voz Natura sempre vos anima a que traspasedes as paredes da aula para chegar á sociedade.

 
Un xardín vertical
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un xardín vertical

Encántanos este exemplo de xardín vertical do CEIP Pena de Francia de Mos para mellorar os espazos do centro. Unha solución estupenda para todo o mundo, especialmente para aqueles colexios que non gozan de moito espazo exterior e queren reverdecer as súas aulas.

 
Degustando os productos da horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Degustando os productos da horta

Os máis pequenos do CEIP Arealonga de Vilagarcía foron a recoller a produción da súa horta ecolóxica para logo degustar os alimentos en clase. Así a verdura sabe mellor!

 
Unha xornada moi especial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha xornada moi especial

O IES de Arzúa viviu unha xornada moi especial na feira de emprego eMprende, enmarcado no programa de Axuda en Acción. O alumnado do centro tivo a oportunidade de expoñer os seus proxectos de emprendimiento ambiental, deixáronnos totalmente impresionados!

 
Trampas para velutinas, e moito máis!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Trampas para velutinas, e moito máis!

O CEIP Salgado Torres da Coruña sempre foi unha referencia entre os nosos centros urbanos. Un horto escolar rodeado de árbores plantadas ao longo dos anos no programa, demostran non só a capacidade de transformación dos espazos escolares que teñen as actividades medioambiais senón tamén o marabilloso recurso pedagóxico que é. Acudimos a comprobar as trampas para velutinas que colocaron nos seus xardíns e puidemos gozar dunha pequena plantación nas súas macetas. O horto está espectacular nesta época do ano.

 
Listos para plantar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Listos para plantar

O sementeiro de castaños e carballos que o CEIP Monte dos Postes de Santiago realizou na aula xa dá os seus froitos. Agora só queda doar estes exemplares para que os bosques galegos poidan nutrirse da achega do alumnado do colexio. Teñen un aspecto estupendo!

 
2419 kilos de pilas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

2419 kilos de pilas

Esta é a impresionante cifra que alcanzaron os Ecovixiantes do CPR Divina Pastora de Ourense no seu proxecto de reciclaxe de pilas. Seis semanas de recollida nos que tiveron sempre claro o seu obxectivo. En palabras de Gonzalo Busóns, o coordinador: "non queremos que as pilas acaben nos nosos ríos nin nas papeleiras do noso fogar". Ser un un punto de recollida de referencia para a comunidade é todo un logro ambiental. Parabéns!

 
Montando a horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Montando a horta

Ás veces o bo faise esperar! No CPR Loyola de Mugardos sufriron unha longa espera por culpa dunhas obras para poder finalmente comezar co seu horto escolar. Pero agora xa están traballando e con moitísima ilusión.

 
Camiñada ornitolóxica
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Camiñada ornitolóxica

Esta foi a saída ornitolóxica do IES A Sangriña da Guarda para o avistamento de aves no Esteiro do Miño. Nesta actividade participou alumnado de 1º de Bacharelato e foi guiada por Lorena Franco Díaz de BIOPHILIA Axencia de Educación Ambiental.

 
Colaborando
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Colaborando

A Asociación Avelaíña de Ponteareas realizou unha bonita actividade con todos os alumnos do CRA A Picaraña da mesma localidade pontevedresa. Despois de sacar as sementes das cabazas no outono, acudiron ao centro a plantalas nunha xornada na que participaron todas as aulas.

 
Traballando na horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Traballando na horta

O alumnado do CEIP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño traballa na horta e no invernadoiro. Aquí podemos velos plantando patacas e realizando diferentes labores nun espazo que cada día crece un pouco máis e gana máis valor no centro.

 
Plantas exóticas invasoras
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantas exóticas invasoras

O CEIP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal realizou un estupendo traballo documental sobre plantas invasoras. Nos corredores do centro, calquera alumno pode atopar unha fotografía e un debuxo dalgunhas das especies máis destacadas que invaden os nosos ecosistemas.

 
Un equipo de primera
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un equipo de primera

El CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao unió fuerzas con los forestales de Rianxo para vivir una estupenda jornada en la que no solo la plantación de árboles fue la protagonista. Conocer más sobre los árboles autóctonos, la biodiversidad e incluso los equipos de extinción de incendios completaron un día de actividades perfecto. 

 
Coidando o cole!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Coidando o cole!

O CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo sempre foi unha referencia para Voz Natura. Un ano máis, os escolares do centro plantaron rosais, xeranios e margaridas nos seus marabillosos xardíns, así como repolos, cenorias, porros, amorodos e frambuesas na súa horta. E un arce xaponés nos arredores do cole!

 
Un ano máis, plantamos!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un ano máis, plantamos!

Co paso dos anos o CEIP Ría do Burgo gañouse o dereito a chamarse protector da ría e da súa contorna. Un ano máis, plantaron árbores coa axuda do concello. Tamén o centro goza dunhas recén plantadas froiteiras nun espazo que cada vez gaña máis importancia. Son todo un exemplo!

 
Celebrando o Día da Árbore
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Celebrando o Día da Árbore

A celebración do Día da Árbore converteuse nunha marabillosa plantación cos alumnos do CEIP de Cervo nas inmediacións do centro. As árbores froiteiras (perales, maceiras e cerdeiras) foron os protagonistas, e tamén as especies aromáticas e polinizadoras.

 
Unha charla no IES de Sar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha charla no IES de Sar

Ao amparo das súas xornadas sobre ciencia, o IES de Sar convidounos a participar nunha distendida charla sobre o noso programa, Voz Natura, con alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.

 
Construindo bancales
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Construindo bancales

En Aspanaes Ferrol son os propios alumnos os que construíron os bancales do seu invernadoiro. Agora poden traballar con maior comodidade e limpeza, delimitando os cultivos. Parabéns polo traballo realizado!

 
O círculo do CEE Terra de Ferrol
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O círculo do CEE Terra de Ferrol

Os alimentos que plantan no invernadoiro da CEE Terra de Ferrol crecen dunha maneira espectacular, non só polos coidados e o agarimo dos seus alumnos, senón tamén polo estupendo compost que eles mesmo crean. Este axúdase do vermicompost e do estiércol das súas galiñas. Todo isto pecha o círculo da súa produción. E ademais teñen o seu propio viveiro de árbores e plantas aromáticas!

 
Biodiversidade nos ríos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Biodiversidade nos ríos

O CEIP Vista Alegre de Burela xa ten lista a súa exposición sobre a biodiversidade nos ríos. Cada clase encargouse dunha planta e un animal que habita preto destes ecosistemas. Decoraron a porta de cada aula e plasmaron as súas investigacións nos códigos QR de cada imaxe.

 
Coidando os ecosistemas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Coidando os ecosistemas

No CEIP Lois Tobío de Viveiro aprenden a coidar dos diferentes ecosistemas a través destas estupendas exposicións. Máquetas, pósteres e diferentes herbarios engalanan as paredes do centro, así todos o alumnado ten a oportunidade de achegarse a aprender.

 
Visita á feira
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Visita á feira

Os alumnos e alumnas do CEIP Palas de Rei encárganse persoalmente de recoller as plantas na feira antes de levalas ao seu invernadoiro. É unha experiencia marabillosa que se está convertendo en costume. Non temos máis que palabras de agradecemento ao persoal do mercado pola súa colaboración!

 
Poñendo en marcha o composteiro
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Poñendo en marcha o composteiro

Os nosos amigos de Revitaliza seguen facendo un traballo estupendo nos centros da provincia de Pontevedra. Neste caso, o CEIP da Torre Cela recibiu a visita dos mestres composteitos. En palabras de Chelo, a coordinadora do proxecto: "recibimos instrucións para a súa utilización, para solventar problemas básicos e sobre todo concienciarnos ecoloxicamente. Estamos en marcha!".

 
Das sementeiras á horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Das sementeiras á horta

Así pasan no CEIP de Marcón os seus sementeiros de fabas á horta. Seguir todo o proceso permite traballar na aula previamente e evitar así un parón polas inclemencias do tempo. Unha vez achégase a primavera vemos como todos os nosos centros apresúranse a plantar, xa está cerca a mellor tempada do ano!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Protexendo o noso planeta

Non vos perdades esta marabillosa canción do CEIP Vendas da Barreira!

 
Unidos pola horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unidos pola horta

O CEIP do Foxo e a Asociación Menais son dous participantes de Voz Natura unidos a través do horto escolar. Unha das nosas maiores alegrías é ver como as colaboracións xorden dentro do programa. Hoxe toca plantar leitugas, fresas e allos!

 
Mercado de entroido
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Mercado de entroido

Os alumnos e alumnas de 2º de ESO do CPI de Cervantes realizaron un mercado de entroido dentro do seu proxecto sobre o consumo excesivo que realizamos de xoguetes, libros e roupa. A idea é darlle unha segunda vida ás cousas que adoitamos tirar! Un estupendo traballo de concienciación.

 
Día de Rosalía
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Día de Rosalía

No día de Rosalía os alumnos e mestres do CEIP San Clemente de Cesar en Caldas de Reis recibiron unha visita moi especial. A propia Rosalía de Castro visitou o centro para dirixir unhas verbas ao alumnado e ao claustro nas que agradecía que se conmemorase o seu día pero sobre todo animaba ao alumnado e aos mestres a falar galego e a coidar o idioma para que non se perda no tempo, algo que ela quixo facer a través da súa obra. Despois das verbas de Rosalía, plantáronse no xardín do centro nove camelias, unha por cada titoría. Ao remate do acto, Rosalía animou á rapazada a coidar o idioma tanto coma van coidar as camelias para que así poida medrar forte e san.

 
Plantando bulbos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando bulbos

As xardineiras de madeira son un elemento moi cómodo para facer as plantacións, permiten traballar a unha altura elevada do chan e delimitan os espazos, o que resulta moi cómodo para os alumnos. Aquí vemos os bulbos do CEIP Vista Alegre de Burela volvendo brotar. Ademais actualizaron os seus cultivos de invernadoiro con tirabeques, leitugas e amorodos.

 
Experimentando
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Experimentando

Encántanos ver os experimentos dos nosos coles Voz Natura! Na Escola Infantil Vila Laura demóstrannos que a ciencia ten cabida desde as primeira etapas da educación. Hoxe toca extraer a clorofila na aula e investigar sobre este apaixonante tema. Parabéns pola iniciativa!

 
IV Congreso de Jóvenes Expertos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

IV Congreso de Jóvenes Expertos

Este grupo de valentes do CPR Salesianos de Ourense, como moi acertadamente describiunos o seu profesor e coordinador de Voz Natura, Quique Fernández, acudiron ao IV Congreso de Jovenes Expertos celebrado onte en Ponferrada a presentar os seus traballos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Estaremos moi atentos a eles!

 
Aula de natureza
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Aula de natureza

Os alumnos e alumnas do CEIP Curros Enríquez de Celanova gozan dunha aula de natureza dentro da carballeira de Santa María. Non se nos ocorre mellor contorna, e máis especial, na que aprender. Voz Natura leva vinteseis anos animando aos centros a traspasar as paredes da aula e deseñar novas formas de coñecer a través do noso medio natural. Esta carballeira é un símbolo de iso!

 
O meco manda
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O meco manda

Achégase o entroido no CEIP Vendas da Barreira e o seu meco dá as instrucións en clave ambiental. Hoxe toca porse unha gravata feita con material de reciclaxe!

 
Visitando as nosas montañas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Visitando as nosas montañas

Desde Voz Natura queremos mostrarvos estes dúas marabillosas paisaxes: as montañas do Courel, vistas desde O Cebreiro; e o río Bibei, ao seu paso por Montefurado. Coñecer os enclaves máis especiais da nosa xeografía e marabillarnos pola súa beleza axúdanos a querela e por tanto, a protexela.

 
A mancharse as mans!
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A mancharse as mans!

No EEI Monte do Alba mánchanse as mans para plantar grelos, patacas e espárragos no seu invernadoiro. Os máis pequenos gozan dun pouco máis de horto grazas á última ampliación en bancales. Agora toca coidar a colleita!

 
Un galiñeiro nos Ancares
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un galiñeiro nos Ancares

No CPI de Cervantes ensínannos o seu galiñeiro. Pero onde están as galiñas e o galo? Dando un paseo e gozando da fría mañá nos Ancares.

 
A horta de Covas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A horta de Covas

Todos os centros aproveitan a tregua de choivas para saír a disfrutar dos seus hortos exteriores. No CEIP de Covas, en Viveiro, fan o propio e coidan das súas leitugas. É moi importante destacar os valores destas actividades para a saúde física e psicolóxica do alumnado. Relacionarse co medio que lles rodea, respirar aire fresco, mancharse as mans e interaccionar coa natureza é parte da aprendizaxe. Un horto é un lugar marabilloso para isto, e para moito máis!

 
Un proxecto multidisciplinar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un proxecto multidisciplinar

Así é o proxecto levado a cabo polo IES San Rosendo de Mondoñedo. Das súas creacións de estruturas con vimbios chamounos a atención o observatorio de aves en construción. Tamén as súas estacións de cultivos de cogomelos, entre elas pleurotus ostreatus ou cogomelo de ostra, e o xardín de aromáticas que xa crecen a bo ritmo.

 
Plantando en Burela
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando en Burela

O IES Monte Castelo planta no seu invernadoiro acelgas, remolachas e leitugas. A diferenciación en bancales feitos con madeira permite traballar máis comodamente aos alumnos e alumnas e delimita os cultivos. Sempre é unha boa opción, recomendámola!.

 
Unha exposición xenial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha exposición xenial

No CEIP Juan Rey de Lourenzá atopámonos con esta marabillosa exposición feita con materiais reutilizados, desde pinzas da roupa ata latas, pasando por piñas, madeiras, ramas e cortizas. Todo un exercicio de imaxinación!

 
Unha clase na horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha clase na horta

O horto escolar do CEIP Coirón-Dena de Meaño é un lugar estupendo para aprender. Desde Voz Natura sempre vos animamos a que traspasedes as paredes da aula e usedes espazos como este para aprender un pouco máis sobre os alimentos que plantamos, cultivamos e consumimos e por suposto, para sentir a terra coas mans!

 

Nova estación meteorolóxica

A Anpa O Castiñeiro do CEIP Eladia Mariño celebra a súa nova estación meteorolóxica parte do seu proxecto "Ecocomunidade escolar".

 
A ciencia dentro e fóra da aula
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A ciencia dentro e fóra da aula

Así nos conta Chelo, do CEIP da Torre-Cela de Bueu, esta parte do seu estupendo proxecto: "no primeiro plan do Contexto Científico o alumnado de 3° a 6° estudou os ecosistemas da súa contorna, visitando a Praia de Agrelo, o monte e os arredores do noso cole, para investigar a fauna e a flora máis próximas e estudar a súa biodiversidade. Na praia viron aves, crustáceos, líquenes, peixes, bivalvos e algas. No monte investigaron as relacións alimentarias, os tipos de biótopos, paisaxes humanizadas... Todos sacaron fotografías para seguir traballando o aprendido fora e tamén dentro da aula. Ademais, observaron a area da praia no microscopio, estudaron a acidificación dos mares e comprobaron a existencia de microorganismos na terra entre outras moitas cousas."

 
Creando compost
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Creando compost

Na Escola Infantil Vila Laura de Vigo sacan o máximo partido á súa horta urbana reciclando os restos orgánicos das súas merendas. Aquí vemos aos alumnos e alumnas peneirando o abono. E ademais aproveitan para buscar os pequenos organismos que habitan en el!

 
Un encontro moi especial
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un encontro moi especial

En Voz Natura encántanos recibir a novos participantes no programa, e máis se son como o CRA de Vilaboa. Desde aquí o noso recoñecemento ao seu traballo incansable e ao entusiasmo que mostran en cada actividade. Os colexios rurais son unha gran familia que sempre contarán co noso apoio!

 
Un obradoiro de reciclaxe de roupa
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un obradoiro de reciclaxe de roupa

Con estas camisetas marabillosas sorprendéronnos os alumnos e alumnas do CEIP Paraixal de Vigo. Non hai necesidade de comprar cando se poden reutilizar as prendas vellas. Iso si, cun lavado de cara!

 
O teu consumo deixa pegada
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O teu consumo deixa pegada

O CEIP Salgado Torres da Coruña demostra a súa creatividade cun mural sobre a nosa temática Voz Natura do presente curso. Reutilizando papeis de xornal para as súas creacións artística e usando as mans para mostrar a súa pegada. Bravo!

 
Centeo, millo e plantas de outono
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Centeo, millo e plantas de outono

Todo o traballan no CEIP de Baño-Xanza e todo o fan estupendamente, desde a malla do centeo ata a esfolla do millo, pasando polo cultivo das súas plantas de outono e inverno nos colectores reciclados no centro. Poñendo en valor as labores e cultivos tradicionais!

 
Un mural para o Monte do Alba
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un mural para o Monte do Alba

O artista Roberto Argüelles pintou este marabilloso mural para a Escola Infantil Monte do Alba de Vigo. Encántanos ver como toda a comunidade implícase facendo a súa aportación aos proxectos do centro. O invernadoiro e as zonas axardinadas son agora espazos renovados e cheos de vida. Parabéns!

 
Investigando
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Investigando

Non hai mellor maneira de coñecer a flora que investigando no campo, na contorna que che rodea. O alumnado do CEIP Antonio Fernández López de Oural utilizou as súas tablets para fotografiar as distintas especies do patio. Logo buscaron información e presentárona en forma de herbario e cun código QR para completar o seu traballo. Agora están a investigar sobre os coidados para protexer as árbores do centro.

 
Coidando dos animais
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Coidando dos animais

Na EEI Dalila de Pontevedra aprenden a coidar dos animais en colaboración coa Asociación Xoán XXIII. E aínda quedou tempo para plantar unhas coles!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Bos consellos

Seguide os consellos das aulas azul e verde do CPR Sagrado Corazón Placeres para ser responsables co medioambiente. Son todo un exemplo!

 
Amorodos e leitugas no Crespo Rivas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Amorodos e leitugas no Crespo Rivas

A Escola Infantil Concepción Crespo Rivas de Pontevedra xa ten o seu invernadoiro cheo de amorodos e leitugas. Agora só queda esperar a que amainen as choivas para continuar as plantacións no exterior. A tan esperada choiva dá pouca tregua aos máis pequenos... de momento!.

 
Concienciando en Lourido
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Concienciando en Lourido

Os alumnos e alumnas do CEIP de Lourido en Pontevedra tiveron unha fantástica idea para sensibilizar á comunidade escolar e ás familias na entrada do centro. Con diferentes elementos naturais e reciclados aconséllannos separar ben os residuos ou pechar correctamente as billas a través destas estupendas composicións coa súa mascota de protagonista.

 
Recollendo cogomelos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recollendo cogomelos

Os alumnos e alumnas de xardinaría da CEE Saladino Cortizo de Vigo aproveitan o outono para recoller cogomelos. Unha das múltiples actividades que levan a cabo neste centro, que goza dun lugar privilexiado para reforestar con diversas especies de árbores a súa contorna, coidar dos seus xardíns e cultivar na súa horta.

 
Plantando un limoeiro
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando un limoeiro

O avó de Maia achegouse á Escola Infantil Monte do Alba de Vigo para plantar un limoeiro. Encántanos a implicación das familias nas actividades ambientais dos centros. Así se ensina, dando exemplo!.

 
Aprendendo a reciclar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Aprendendo a reciclar

Os máis pequenos do CEIP Manuel Rodríguez Sinde da Guarda aprenden a reciclar con estas estupendas papeleras. A separación de residuos é un dos bos hábitos ambientais que acompañarán toda a vida ao alumnado, se aprenden a realizalo correctamente desde as idades máis temperás. Estes son os pequenos xestos que marcan a diferenza.

 
Patrullas de limpeza
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Patrullas de limpeza

Este grupo de alumnas voluntarias de 3º de ESO do CPR Miraflores de Ourense son todo un exemplo para a súa comunidade educativa. Esta actividade de limpeza de Montealegre despois do Magosto móstranos que non só é necesaria a acción directa, senón tamén a concienciación ambiental. Non podemos seguir enchendo de lixo os nosos montes!

 
O galiñeiro do Santa Mariña
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O galiñeiro do Santa Mariña

O recreo é un momento estupendo para comprobar se as galiñas do CEIP Santa Mariña de Vigo puxeron ovos. Esta vez non houbo sorte, como puideron observar os alumnos máis curiosos do centro, pero como ben lles di Alberto, o coordinador deste marabilloso proxecto, tamén toca limpar o galiñeiro!.

 
Monte Vivo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Monte Vivo

O IES Ponte Caldelas, en colaboración coa Escola Forestal de Lourizán, leva cinco ano traballando no seu proxecto "O Monte Vivo" de custodia do territorio. A partir dos incendios forestais que cercaron ao centro en 2017, os alumnos e alumnas de Ponte Caldelas puxéronse mans á obra para reforestar con árbores autóctonas a súa contorna máis próxima. Os equipos de 2º de ESO, xunto cos estudantes do ciclo forestal actuando como monitores, viviron unha xornada de traballo colaborativo.

 
Unha horta de primeira
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha horta de primeira

O CEIP A Doblada de Vigo presume de horta, e con razón!. A gran participación fai que cada ano crezan os espazos nos que gozar das actividades hortícolas. Os profes teñen que axudar coas cabazas, só hai que ver o tamaño!

 

Obradoiros ambientais

O CEIP Nº2 de Tui xa realizou ata dez talleres para dar continuidade ao seu proxecto ambiental "Naturaliza-T" iniciado no curso pasado: compostaxe, reciclado, actividades de horto, arte e natureza e ata colaboración das familias dentro deste completo e multidisciplinar programa ambiental. Un traballo incansable e dunha grandísima dedicación para ofrecer aos escolares de Tui o mellor na aula. Aquí vai o noso recoñecemento e noraboa!

 
Recollendo castañas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Recollendo castañas

Os alumnos e alumnas de 5.º e 6.º de Primaria do CEIP Paraixal saen a recoller castañas para o Magosto no monte da Buraquiña. Coñecer, coidar e valorar os espazos naturais da nosa contorna e gozar das súas riquezas é o primeiro paso para formar adultos responsables co medioambiente.

 
Instalacións de reciclaxe
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Instalacións de reciclaxe

Ademais de desenvolver a súa creatividade utilizando elementos naturais para as súas composicións artísticas, os máis pequenos do CEIP Paraixal de Vigo gozan destas instalacións feitas con materiais reciclados dentro do seu proxecto de sustentabilidade.

 
A horta como ferramenta educativa
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A horta como ferramenta educativa

Lucía, coordinadora do CEIP A Sangriña da Guarda, ensínanos as melloras na horta do centro. A horta como ferramenta educativa permítenos aprender experimentando, coñecer produtos autóctonos, promover unha dieta saudable e mesmo fomentar a participación de todo tipo de alumnado.

 
Setas en A Guarda
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Setas en A Guarda

Na pequena biocenosis do CEIP As Solainas da Guarda xa saen até cogomelos debaixo das súas árbores. Unha charca, un invernadoiro e unha horta exterior e agora un pequeno coello chamado Oreo completan este espazo de biodiversidade. Aquí podemos ver un exemplar de Volvariella speciosa. José Antonio Díaz Núñez, membro do Comité Científico de Voz Natura e micólogo avísanos: "non se debe consumir, e pódese confundir con algunha amanita"

 
Unha chamada de atención
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha chamada de atención

Unhas imaxes que nos fan reflexionar sobre a falta de civismo e a irresponsabilidade ambiental. Gonzalo, o coordinador do CPR Divina Pastora de Ourense, aquí acompañado da profesora do CPR María Inmaculada de Verín, Chiqui, (ambos sempre dispostos a coidar da natureza) retiran do Monterrei todo tipo de lixo despois do Magosto. Atá dous sofás e unha neveira!

 

Mans á obra

Así de dispostos a traballar están os alumnos e alumnas do CEIP Nº1 de Foz para manter as súas praias limpas. Unha actividade de acción directa como esta é marabillosa para concienciar sobre a cantidade de lixos plásticos e desfeitos que podemos atoparnos nas nosas costas. Encántanos!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O composteiro

O CEIP Antonio Fernández López de Oural fixo este estupendo vídeo para explicarnos o seu proxecto de compostaxe, non volo perdades!

 
Plantando sementes
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando sementes

Na Escola Infantil Fany de Narón levan anos sendo un referente de Voz Natura pola diversidade e calidade dos seus proxectos. Aquí podemos ver aos pequenos plantando sementes de cabaza na aula, e como dicimos sempre desde o Comité Científico... prohibido non tocar e prohibido non mancharse! As aprendizaxes vivenciais desde as primeiras etapas da educación son moi importantes.

 
Controlando os vertedoiros ilegais
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Controlando os vertedoiros ilegais

O IES Vilar Ponche de Viveiro limpa e protexe a súa contorna localizando vertedoiros incontrolados e retirando o lixo que atopan ao seu paso. O río Landro ten a súa propia patrulla de mozos comprometidos co medioambiente. Concienciados e listos para a acción, todo un exemplo para a sociedade!

 

Halloween para unos, Samaín para otros, puente de Todos los Santos para la población entera. Y ello ha hecho que los centros en general y los que participan en Voz Natura en particular se hayan afanado la semana pasada en engalanar las paredes y desarrollar múltiples actividades con los alumnos. 

Que se lo digan si no a Uxía Quintela, profesora de la EEI San Roque de Viveiro. Los casi setenta alumnos se han lanzado, con el notable apoyo de sus familias, a diseñar y elaborar monstruos con la condición de que fuera con material reciclado. Así, tal y como suena, porque durante el curso van a trabajar con monstruos, incluyendo lectura de cuentos porque «para nosotros la biblioteca es muy importante, planificamos las cosas en torno a ella», en palabras de la profesora. ¿Y qué han hecho con tanto monstruo? Pues una exposición. «Y nos quedó muy chula», remata, con claro orgullo, Uxía Quintela.

Otros que, como por ejemplo, los 24 alumnos del CEIP San Cosme de Barreiros y también «gracias a la colaboración de las familias» (son palabras de su profesora Vanessa Bello) han reunido una amplia colección de calabazas con formas de casas de todo tipo (las hay con forma de nido para pájaros) dentro del proyecto «Abre a porta e verás».

También los más pequeños del CPR María Auxiliadora (los salesianos), en Ourense, realizaron  actividades medioambientales estos días. Quique Fernández, con los mayores, ya está pensando en futuras salidas para más adelante tras haber visitado la sierra de O Invernadoiro y llevar a cabo un roteiro por los aledaños de su ciudad con el fin de que los alumnos identificaran ecosistemas.

Tampoco pierden el tiempo en el CEIP de Vilarmide, en Muxía. Su profesora Estefanía Campos acaba de pedir el material para seguir adelante con lo que ya es una tradición por estas fechas: Cogumelandia, cultivando setas en el aula, algo en lo que participa el medio centenar de alumnos con que cuenta el centro, que nada más llegar en septiembre se encontraron con fresas en su invernadero escolar. «Podamos e imos plantar de novo», dice Estefanía Campos.

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Un sombreiro de follas!

Encantounos esta actividade de creación do teu propio sombreiro con follas de castiñeiro que levaron a cabo no CEIP Santa Rita de Galdo. Unha maneira fantástica de estimular a creatividade dos alumnos, demostrar que eles mesmos poden facer máis do que se imaxinan e recapacitar sobre o noso consumo. Parabéns!

 
Ampliando a horta
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Ampliando a horta

O CPI de Cervantes amplía a súa horta con novos bancales. Máis espazo para plantar e máis participación no centro lucense! Ademais contaron coa visita do programa da TVG, Cos pés na terra, para contar as súas experiencias.

 
Unhas cabazas de medo
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unhas cabazas de medo

Abre a porta e verás, así se chama este proxecto do CEIP San Cosme de Barreiros no que os alumnos e alumnas do centro lucense decoraron as súas cabazas con forma de casa. Ata atopámonos un niño de paxaros!

 
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O CRA de Monterrei en O Invernadeiro

Coñecer é querer e querer é protexer! Os alumnos e alumnas do CRA de Monterrei visitaron o Parque Natural de O Invernadeiro en Ourense.

 
Celebrando o Outono
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Celebrando o Outono

En Galdo recíbennos coa sabedoría dun castiñeiro cuxos froitos son ditos populares. O CEIP Santa Rita de Viveiro mantén vivo o noso patrimonio inmaterial e celebra o Outono tamén dentro do propio colexio.

 
A R sempre presente
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

A R sempre presente

Reduce, recicla e reutiliza! O CEIP de Cervo creou este estupendo espazo no centro para lembrarnos que os bos hábitos ambientais pasan polos detalles do día día. Aprender a separar os nosos residuos e reciclar é fundamental non só na aula, en todos lados e todos os días!

 
Plantando grelos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Plantando grelos

No CEIP Vista Alegre de Burela xa teñen plantados os grelos no seu invernadoiro, e como nos mostran na súa páxina web, tamén teñen claro que van facer con eles cando crezan. Ao rico grelo de Burela!

 
Roteiro Didáctico Ambiental
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Roteiro Didáctico Ambiental

O CPR María Auxiliadora - Salesianos de Ourense cumpre un ano máis o seu compromiso co Parque Natural de Ou Invernadeiro realizando un dos seus roteiros didáctico ambientais por este espazo de gran valor. Non deixedes de visitar a súa páxina e coñecer este marabilloso proxecto multidisciplinar, que xa nos acompaña na súa decimoprimeira edición.

 
O viveiro do Albino Núñez
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

O viveiro do Albino Núñez

No invernadoiro do CEIP Albino Núñez de Ourense xa están as landras plantadas e preparadas para crecer. A creación dun viveiro de árbores é unha das nosas actividades favoritas, permite familiarizarnos cos coidados que require o noso sementeiro desde o inicio até o transplante dos exemplares ao monte.

 
Materiais para os máis pequenos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Materiais para os máis pequenos

Non deixedes de seguir o estupendo blog do CPR Pablo VIN Fátima da Rúa de Valdeorras. Un espazo pedagóxico no que seguir as aventuras dos máis pequenos do colexio. Ideas diferentes sobre materiais reciclados aos que todos temos acceso e son de gran utilidade.

 
Reciclando tapóns e pilas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Reciclando tapóns e pilas

O CPR Divina Pastora de Ourense ten o premio á constancia e dedicación. Durante todos estes anos da man de Voz Natura, nunca deixaron de realizar centos de actividades ambientais tanto no centro como na súa contorna. Non podemos nomealas todas aquí (sería imposible!), pero podemos dar testemuño das toneladas de tapóns e pilas, entre outras moitas cousas, que reciclan nun ano lectivo. Son todo un exemplo!

 
Concienciando en Francelos
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Concienciando en Francelos

No CRA Amencer de Ribadavia teñen claro que non só basta coa acción directa sobre o medio, limpando a súa contorna de lixo e ecopatrullando no centro escolar, tamén é necesario concienciar a toda a súa comunidade. Un traballo estupendo de sensibilización ambiental.

 
Olivas e mazás
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Olivas e mazás

O traballo empeza a dar os seus froitos no CEIP de Marcón, en Pontevedra. Mirade que estupendas olivas e mazás teñen as árbores do centro! Habitualmente recomendámosvos plantar froiteiros nos vosos espazos verdes, e se tedes dúbida... unha maceira sempre é unha boa opción!

 
Unha horta de aromáticas
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Unha horta de aromáticas

Ano a ano vemos como crece o horto de aromáticas do CEIP de Monterroso, en Lugo. O alumnado deste centro está encantado con esta actividade e as familias tamén, sobre todo cando reciben os pequenos saquiños de aromáticas nas súas casas!

 

Coidando do río

Este ano o río Lor volverá estar en boas mans. O CPI Poeta Uxío Novoneyra de Seoane do Courel limpará as súas marxes e estudará a contaminación das súas augas, unha actividade que levan anos realizando.

 
Ideas para un invernadoiro
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Ideas para un invernadoiro

Todos os anos tentamos mostrarvos ideas para crear o voso invernadoiro no centro. No IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz levan anos traballando con esta marabilla feita con botellas de plástico recicladas. A reutilización de materiais non só abarata os custos do invernadoiro, senón que fai máis fácil o recambio de pezas, e ademais é unha actividade máis que facer cos vosos alumnos e alumnas! Todo son vantaxes!

 
Biodiversidade en calquera lugar
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Biodiversidade en calquera lugar

No CEIP Lagostelle de Guitiriz atopámonos con este exemplar de Mantis religiosa na porta do colexio. Unha mostra máis da biodiversidade que temos a oportunidade de coñecer e valorar ó noso redor.

 
Tres mil troitas para o río Barbeira
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Tres mil troitas para o río Barbeira

Os alumnos e alumas do CEIP A Lama de Pontevedra participaron na solta de tres mil alevíns de troita organizada pola Asociación Cultural Río Barbeira. Unha iniciativa que vos animamos a coñecer e imitar.

 
Cos pés na Terra
Twitter
Facebook
Mail
WhatsApp

Cos pés na Terra

Os alumnos e alumnas do EEI Xela Arias de Sarria xa están a preparar as súas actividades ambientais. Fixádevos que recibimento ás portas do centro!