A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía volven poñer en marcha o programa de visitas guiadas e talleres educativos do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, co obxectivo de achegar a ciencia a toda a sociedade.
Poñemos en marcha un novo ciclo de accións formativas, en colaboración coa Garda Civil e Policía Nacional, que ofrecerán aos centros que participan en Voz Natura, charlas gratuítas para concienciar a nenos e mozos sobre a necesidade de coidar a natureza.