Vaipolorío leva árbores ao río Gafos
O colectivo ecoloxista realizou unha plantación na contorna do Muíño de Cabanas, nas beiras do Gafos.Máis de cen equipos Voz Natura visitaron a Casa dos Peixes
Nun curso especialmente dedicado ao auga, non podía faltar unha aproximación aos ecosistemas mariños. Por iso, Voz Natura e o concello da Coruña colaboraron este ano ofrecendo visitas guiadas gratuítas para os colectivos do programa. A iniciativa foi un éxito: 103 grupos visitaron o Aquarium Finisterrae a través deste programa.Adeus a un curso coa auga como protagonista
Para este curso que agora finaliza, Voz Natura lanzou unha proposta aos 272 centros participantes: incluír nos seus proxectos acciones relacionadas coa auga. Unha proposta aberta que profesores e alumnos enfocaron desde distintos e, ata, inesperados puntos de vista.O comité científico comeza a visitar os centros
Hoxe mesmo, coincidindo co arranque do curso en Infantil e Primaria, o comité científico de Voz Natura ponse en ruta para visitar os a todos e cada un dos 288 centros participantes no programa.
En Acción: Limpeza mariña en Cedeira
Estréanse este curso en Voz Natura e fano de primeiros. Os integrantes da Asociación Deportiva Cultural Mariña Axexo non esperaron ao arranque de curso escolar e aproveitaron o verán para limpar un sector do fondo mariño da reserva natural da ría de Cedeira.
Premio ao mellor blog do curso 2011-2012
Para animar aos profesores a crear e manter os blogs ambientais, Voz Natura convoca este ano a segunda edición do concurso para atopar o mellor blog da edición. O certame está dirixido a docentes e educadores de centros participantes no programa.En Acción: doce centros da Mariña participan en Voz Natura
A través dos seus proxectos protexerán a flora autóctona. Os profesores propuxéronse que os alumnos saiban identificar as árbores, reciclen e envórquense no coidado do monte.En Acción: Os escolares de Vilarmide viven a Asturias máis natural
Os gañadores de premio provincia da Coruña do curso pasado acaban de regresar de gozar do seu premio: unha viaxe por terras asturianas.Bricor únese a Voz Natura
O equipo de patrocinadores de Voz Natura conta este curso 2011-2012 cunha nova incorporación. Bricor, cadea española de grandes superficies dedicada á bricolaxe, a decoración, o xardín e as reformas, únese ao programa dando así un paso máis nas súas políticas de sustentabilidade.Os proxectos Voz Natura chegan a espazos protexidos de Galicia
Voz Natura abre un curso dedicado á protección dos bosques e ás reforestacións o que levou á gran maioría dos 288 centros participantes a incluír nos seus proxectos accións deste tipo e, nalgúns casos, levalas ata os espazos máis emblemáticos da xeografía galega -parques naturais incluídos-, contando sempre coas autorizacións pertinentes para desenvolver as intervencións.Voz Natura en V Televisión
O programa «Van de Verde», que se emite todos os sábados en V Televisión, fixouse en Voz Natura na súa edición do pasado fin de semana titulada «A toda costa».Voz Natura acusa a seca
«Cheira a fume todo ou día, a cinza métese nas casas, o sol está vermello. Ver tanta destrución fai que che salten as bágoas». Con esta mensaxe no Facebook de Voz Natura, o equipo do ANPA O Recreo do CEIP Manuel Bermúdez de Castro (A Pobra de Trives) resumía os seus sentimentos ante os incendios que afectaron a Galicia nas últimas semanas -máis de catrocentos en poucos días-.Voz Natura se centra en los ríos
Montes, praias e ríos son os ecosistemas preferidos polos centros educativos participantes en Voz Natura para realizar as súas actuacións fóra do recinto escolar. Destes, as canles fluviais das catro provincias aparecen na axenda de numerosos centros con variadas actividades que repercutirán en beneficio de toda a comunidade e darán exemplo ás autoridades locais.Óscar Francesch: «A cultura ambiental transcende á contorna do neno»
O autor do Blog Maestro de Voz Natura e responsable de impartir os cursos sobre blogs para os profesores participantes no programa, Óscar Francesch, fala para La Voz sobre a importantancia dos cadernos dixitais nos centros e da educación ambiental.Voz Natura súmase á celebración da Semana da Ciencia
Coa celebración o pasado venres do Día da Ciencia en Galego, ábrese un mes no que as investigacións e experimentos estarán moi presentes nos centros escolares de toda España coa conmemoración da Semana da Ciencia.O Seprona xa está nos colexios
Os pequenos da Escola de Educación Infantil Barrionovo, en Arteixo (A Coruña), foron os primeiros en recibir a visita do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) dentro do programa de charlas sobre prevención de incendios forestais que puxeron en marcha este curso Voz Natura e a Garda Civil.Obradoiros ambientais con Bricor
Dotar de contido ás conmemoracións ambientais e promover condutas responsables co medio son os obxectivos da inciativa que pon en marcha Voz Natura e a cadea de grandes superficies Bricor. Para iso, seleccionaron seis Días Mundiais -dedicados aos bosques autóctonos, ao non uso de praguicidas, á eficiencia enerxética, ás árbores, ao auga e á reciclaxe- para organizar ao redor deles diversos obradoiros.Os escolares de Vilarmide, expertos en micoloxía
O equipo Voz Natura deste centro de Muxía celebrou unha nova edición de Cogomelandia.Dedicados a Voz Natura en secundaria e bacharelato
Algúns deles creceron participando no programa e outros se incorporaron nos últimos cursos. Agora, xa a piques de cambiar o instituto pola universidade, desenvolven o seu último traballo Voz Natura.As bicis toman O Miño
O equipo Voz Natura do colexio Franciscanas de Ourense organizou unha ruta con motivo do Día Internacional dos Bosques Autóctonos para coñecer a riqueza que existe nas marxes do Miño.Os vagalumiños van de expedición
compañados por varias profesoras e algúns pais, os alumnos de cinco anos da EEI Vagalume, de Vilagarcía de Arousa, visitaron o parque do Castriño para coñecer todos os segredos das árbores.Máis de 200 blogs afianzan a comunidade Voz Natura
Preto de noventa profesores de toda Galicia participaron este ano nos cursos sobre creación de blogs ambientais impartidos por Voz Natura. Logo de tres anos formando aos docentes e cos alumnos máis involucrados que nunca, a comunidade virtual do programa suma xa 206 cadernos dixitais que se converteron na mellor ferramenta para dar a coñecer a todo o mundo o labor ambiental que desenvolven en Voz Natura.Os equipos de Voz Natura crean as súas patrullas ecolóxicas
Reducen, reutilizan e reciclan. A regra das 3R´s está interiorizada nos centros educativos que participan en Voz Natura que, cada vez máis, están a pór o acento na primeira parte do proceso: a correcta separación dos residuos.En Acción: O CEIP de Silleda repoboa os castros con cen árbores
Os escolares repartíronse entre a Copa do Castro e o Castro de Toiriz para realizar plantacións dentro do seu proxecto Voz Natura.Voz Natura faise eco do Ano da Enerxía Sostible
Fomentar o uso das fontes renovables e promover o aforro enerxético serán os obxectivos destacados da próxima edición de Voz Natura, que se desenvolverá no curso 2012-2013 e para a cal se abrirá o prazo de inscrición o próximo mes. Mentres, algúns centros traballan xa sobre o tema.En Acción: Quen plantou ese arbol?
Cando pasen uns cantos anos os alumnos de Educación Infantil e Primaria do colexio Torre-Cela, de Bueu, poderán dicir orgullosos que eles plantaron algunhas das árbores do monte da súa parroquia. Esta semana prepararon os sementeiros.O comité científico comeza as visitas na provincia de Ourense
Miles de quilómetros e moitas horas de estrada é o que ten por diante o comité científico de Voz Natura durante os próximos tres meses. Hoxe comezan a segunda fase das visitas aos centros participantes na presente edición.O entroido Voz Natura recrea a vida do bosque
As árbores como elementos centrais do ecosistemas; mariquitas, mouchos e abellas como representantes do reino animal; o lume que axexa o monte, os bombeiros que loitan para combatelo e os excursionistas, fadas, elfos ou gnomos no papel de habitantes.As asociacións impulsan diversos proxectos
Dos 288 proxectos que se están realizando este curso ao amparo de Voz Natura, un total de 23 xurdiron pola inciativa dun movemento asociativo, ben sexa ambiental, cultural ou de pais e nais. Neste caso, os traballos caracterízanse por unha gran implicación da comunidade e a participación de distintas xeracións.