Día Mundial Sen Compras
A iniciativa de promover un día sen compras xurdiu en Canadá, en 1992. Un grupo de activistas e artistas reunidos ao redor da revista Abdusters propúxose impulsar unha xornada de folga do consumidor, co obxectivo de denunciar un sistema socioeconómico inxusto e insostible, nocivo para o planeta.
Progresivamente, diversas asociacións ecoloxistas uníronse a esta conmemoración para criticar o modelo de consumo no que estamos instalados. Por exemplo, Ecoloxistas en Acción denuncia que se trata dun sistema «homoxeneizador, despilfarrador, cínico e individualista que contribúe a unha situación social e ambiental pouco ou nada sostible». Ante este modelo, os defensores desta iniciativa avogan por un modelo de consumo alternativo e responsable.
O Día Mundial sen Compras celébrase sempre o último venres de novembro, por ser esta a data simbólica na que comeza o paixón consumista pre-Nadal.