Día Internacional do aire limpo por un ceo azul
O seu principal obxectivo é a investigación, desenvolvemento, mellora e a posta en marcha de novas prácticas que permitan mellorar a calidade do aire e que a longo prazo, isto contribúa co benestar da poboación mundial, así como erradicar os altos índices de contaminación atmosférica.A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible recoñece —na súa folla de roteiro para lograr o desenvolvemento sostible, a protección do medio ambiente e a prosperidade para todos—que reducir a contaminación atmosférica é importante para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Este día, posto en marcha pola Organización de Nacións Unidas (ONU) no ano 2020, serve para facer un chamamento á acción para axuntar esforzos e reclamar aire limpo para todas as persoas. #AireLimpoParaTodos
Máis información:
Nacións Unidas