Día Mundial da Vida Silvestre
O 20 de decembro de 2013, a Asemblea Xeral da ONU, no seu 68º período de sesións, decidiu proclamar o 3 de marzo como o Día Mundial da Vida Silvestre co obxectivo de concienciar achega do valor da fauna e a flora salvaxes.A celebración deste día bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e a fauna salvaxes, así como de crear conciencia acerca da multitude de beneficios que a conservación destas formas de vida ten para a humanidade.
Este día tamén nos lembra a necesidade urxente de combater os delitos contra o medio ambiente e a diminución de especies causada pola actividade humana e que carrexan consecuencias negativas de gran alcance no ámbito económico, ambiental e social.(Motivos recolleitos no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible ( ODS) número 15 que se centra en deter a perda de biodiversidade).
Máis información:
Nacións Unidas. Día Mundial da Vida Silvestre
Vídeo oficial