Día Mundial da Saúde
O 7 de abril do 1948 creouse a Organización Mundial da Saúde (OMS) co obxectivo de traballar para que os pobos do mundo alcancen o máximo nivel de saúde posible. Desde entón, cada 7 de abril conmemórase o Día Mundial da Saúde.É tempo de reflexionar sobre o noso estado de saúde, valorando se facemos todo o necesario por estar sans ou, se pola contra, necesitamos meditar sobre os nosos hábitos para cambialos.Todos os anos se elixe para este día un tema de saúde específico a fin de destacar unha área prioritaria de interese para a OMS.