Día Mundial do Medio Ambiente
Máis aló das xornadas dedicadas a temas ambientais concretos, o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, engloba a todas as efemérides ecolóxicas co obxectivo global de fomentar a sensibilización e promover a acción para a protección do planeta.Trátase, por iso, do evento ambiental máis importante que Nacións Unidas leva desenvolvendo desde 1972 en máis de 100 países ao redor do mundo. Elixiuse esa data porque coincide coa apertura da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Medio Ambiente Humano celebrada en Estocolmo (Suecia) en 1972, a mesma que levou ao establecemento do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).